CASTELO DE VIMIANZO, SÍMBOLO DO DOMINIO DOS MOSCOSO NA COSTA DA MORTE

Acompaña Vimianzo a través de “CASTELO DE VIMIANZO, SÍMBOLO DO DOMINIO DOS MOSCOSO NA COSTA DA MORTE”. Un relato que conecta historia e costa, tal e como se vive desde dentro. Pista: fíxate en vimianzo.
91. Castelo de Vimianzo

Son poucas as fortalezas medievais que lograron manterse en pé en Galicia. No territorio da Costa da Morte hai algunhas que conseguiron desafiar o paso do tempo e manter a súa estrutura, como a de Vimianzo, Mens (Malpica), A Penela (Cabana de Bergantiños) ou a de Nogueira (Coristanco). De todas elas, a que preservou mellor a súa edificación foi o castelo de Vimianzo, auténtico símbolo do dominio dos Moscoso de Altamira nestas terras máis occidentais de Galicia.

Érguese este castelo medieval sobre un outeiro que domina o val de Vimianzo, edificado en planta poligonal con catro torreóns, que coinciden cos puntos cardinais. A torre da homenaxe, situada na parte sur, é a única que conserva as ameas e merlóns. Accédese ao interior do patio a través dunha porta de arco oxival e enriba dela móstranse os escudos cos símbolos dos Moscoso e dos Castro. O estilo gótico da construción amósase na porta de entrada e nas fiestras seteiras.

La fortaleza foi cabeza reitora da extensa xurisdición de Vimianzo, constituída por 36 parroquias e tres vilas: Camariñas, Vimianzo e Laxe. Os primeiros propietarios foron os Mariño de Lobeira, e unha vez que estes caeron en desgraza, pasará a mans dos Moscoso de Altamira na segunda metade do século XV.

O primitivo castelo foi derrubado durante a revolta irmandiña de 1467 e poucos anos despois reconstruído por orde do arcebispo santiagués Alonso II de Fonseca, enfrontado aos Moscoso polo dominio territorial. Ao pouco de ser levantado, Lopo Sánchez de Moscoso, I Conde de Altamira, tomarao por asalto, pasando a propiedade desta estirpe ata o ano 1872, cando foi adquirido pola familia Martelo. O poeta Ramón Martelo Paumán, adaptárao como vivenda.

A corporación municipal republicana de Vimianzo intentou expropiar esta fortaleza que estaba en estado de abandono para trasladar alí a casa consistorial e outros servizos, iniciativa que non se logrou polo golpe militar de 1936. Os impulsores deste proxecto sufrirán graves consecuencias. En 1973 a Deputación da Coruña adquiriu a propiedade do edificio e, unha vez restaurado, cederalle o uso ao concello de Vimianzo. Actualmente está aberto ao público e no seu interior pódense observar paneis explicativos sobre a historia do castelo e da Costa da Morte e contemplar en vivo unha representación da artesanía da zona.

A primeira fin de semana do mes de xullo celébrase nesta construción defensiva e na súa contorna a Festa do Asalto ao Castelo, na que se representa unha recreación histórica da revolta irmandiña e se organizan actuacións musicais e outras actividades. Festa moi concorrida, na que se congregan milleiros de participantes.

Galería de fotos de CASTELO DE VIMIANZO, SÍMBOLO DO DOMINIO DOS MOSCOSO NA COSTA DA MORTE

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

GABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA

Moi preto da vila da Laracha, seguindo a estrada que leva a Soandres e Cerceda, á beira do Anllóns, sitúase a Área Recre...

CORISTANCO, TERRA DA PATACA

Cando pronunciamos o nome de Coristanco, asociado a el de inmediato vénnos á memoria a verba “pataca”, ese tubérculo com...

Historias y leyendas marineras de la Costa da Morte: mi...

La Costa da Morte es mucho más que un destino de naturaleza salvaje y playas infinitas. Su historia está vinculada al ma...

CASTRO “A CIDÁ ”, A VIDA NUNHA ALDEA DA PREHISTORIA

O castro “A Cidá” de Borneiro (Cabana de Bergantiños), situado preto do dolmen de Dombate, representa unha excelente mos...

DOLMEN DE DOMBATE, CATEDRAL DO MEGALITISMO GALEGO

A cultura megalítica representa un dos maiores símbolos de identidade da Costa da Morte. Ao longo do seu territorio hai ...

A Costa da Morte presenta a súa nova campaña: unha apos...

Esta campaña parte dunha idea clara: a Costa da Morte non é un decorado nin un produto construído artificialmente para o...

MENS, TERRA DE MONXES E NOBRES

A parroquia de Santiago de Mens, situada a uns 6 km da vila de Malpica, seguindo a estrada DP-4307 cara a Ponteceso, con...

Costa da Morte, naturalmente única: desde hoxe, unha se...

Hai territorios que non se entenden cun “top 10”. Territorios que precisan tempo, contexto e mirada. A Costa da Morte é ...

Festas tradicionais na Costa da Morte: historia, cultur...

Se hai algo que define a Costa da Morte, ademais das súas paisaxes salvaxes e o seu mar indomable, é a súa forte identid...

PENEDOS DE PASARELA E TRABA, MUSEO NATURAL SEN TEITO

Para comprender a importancia e o valor dos Penedos de Pasarela e Traba necesitamos coñecer como se formou este conxunto...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Sábado
    17
    Outubro

    Danza Rosa en Camariña...

    Camariñas súmase o 17 de outubro de 2026 á conmemoración do Día Intern...

  • Sábado
    17
    Outubro

    U.C. Cee A contra Xall...

    O sábado 17 de outubro, o U.C. Cee A enfróntase ao Xallas F.C. B nun d...

  • Sábado
    17
    Outubro

    Muiñada de Vimianzo 20...

    A Muiñada de Vimianzo 2026 regresa os días venres 16 e sábado 17 de ou...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.