LAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA

Achégate a Laxe a través de “LAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA”. Comeza por este capítulo e entenderás mellor o territorio antes de visitalo. Pista: fíxate en resplandor.
76. Vista panorámica da vila de Laxe

Ao sur da ría na que o Anllóns entrega a colleita hídrica que foi recadando ao longo do seu camiñar por terras bergantiñáns, sitúase a vila histórica de Laxe, ao pé dunha extensa praia de fina area branca. As boas condicións naturais desta enseada contribuíron a que nela se fundase na Idade Media a localidade costeira e fose lugar atractivo para a familia nobre dos Moscoso.

Algúns autores fan referencia ás boas condicións deste porto para a actividade pesqueira e a recalada de embarcacións. O ilustrado José Cornide infórmanos de que a localidade era frecuentada por pescadores de todas partes, especialmente por cataláns que pescaban sardiña para despois exportar a outras zonas de fóra de Galicia.

A comezos do século XX chegou a haber ata cinco factorías de salgadura neste porto que empregaban fundamentalmente a mulleres. Tamén contribuíu ao desenvolvemento económico a mina de caolín situada a carón da praia. Actualmente Laxe vive fundamentalmente da pesca e do turismo.

Entre os seus persoeiros ilustres destacaron o poeta Antón Zapata García, o insigne xeólogo Isidro Parga Pondal e fundador do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e o fotógrafo José Vidal García.

O viaxeiro que se achegue a Laxe dispón dun interesante patrimonio natural e histórico para visitar. No centro da vila, na praza de Ramón Juega, sitúase a Casa do Arco, o edificio civil máis emblemático, mandado construír por dona Urraca de Moscoso e o seu marido Pedro de Osorio a finais do século XV.

Moi próximo a esta praza localízase o Museo do Mar. O seu contido céntrase no patrimonio histórico e antropolóxico do concello e da vila de Laxe. Tamén acolle o Arquivo Fotográfico Vidal, ao que pertencen á maioría das imaxes que se expoñen.

O seguinte edificio histórico a visitar sería a igrexa de Santa María da Atalaia, situada nun lugar elevado desde o que se domina o porto, a extensa praia e parte do núcleo urbano. Trátase dun templo gótico mandado construír por Juana de Castro e Lara cara a finais do século XV. Consta dunha soa nave e unha capela maior rectangular cuberta por unha bóveda de crucería. Arrimada ao muro sur construíuse a torre campanario de forma cadrada e aspecto defensivo. Na fachada destacan un rosetón e a porta rematada en arco apuntado. No interior cabe salientar as imaxes pétreas da patroa, de Santa Inés e o relevo da Resurrección.

Desde Laxe resulta interesante achegarse á punta da Insua, onde se sitúa o faro, polo seu atractivo paisaxístico e tamén á capela de Santa Rosa desde a que contemplamos unha magnífica panorámica da vila e da súa fermosa praia.

Galería de fotos de LAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

Eclipse 2026 na Costa da Morte

Xa saben: a eclipse total de Sol prodúcese porque a Lúa se coloca xusto diante do Sol, e tápanolo. O tamaño aparente dos...

Camiño do Litoral na Costa da Morte: guía das etapas 19...

Hai costas que se visitan e costas que necesitan ser camiñadas. A Costa da Morte pertence ás segundas. Aquí, avanzar xun...

Que Visitar en Costa da Morte en 10 Días

Pregúntaste que visitar na Costa da Morte en 10 días? Pois a continuación traémosche a resposta en detalle. Na nosa opin...

Museos para visitar na Costa da Morte: 11 plans cultura...

Falar da Costa da Morte é pensar en faros, praias salvaxes, cantís, gastronomía atlántica e vilas cunha personalidade ún...

MUXÍA, A BARCA QUE NAVEGA RUMBO NORTE

O poeta Gonzalo López Abente (1878-1963) consideraba a súa Muxía natal como estática, “deitada” na ribeira, silenciosa e...

A PENELA E RIOBÓ, HISTORIA E ARTE NO SILENCIO

Hai lugares na Costa da Morte que conservan un prezado patrimonio histórico, pero por situarse afastados das principais ...

Turismo Sostenible na Costa da Morte: Descobre sen deix...

A Costa da Morte conta cun patrimonio natural excelente, vivo e salvaxe. Por desgraza, a súa beleza non é eterna se non ...

DOLMEN DE DOMBATE, CATEDRAL DO MEGALITISMO GALEGO

A cultura megalítica representa un dos maiores símbolos de identidade da Costa da Morte. Ao longo do seu territorio hai ...

Como aprender a surfear: Guía para principiantes desde ...

A Costa da Morte, coa súa natureza salvaxe e ondas de diferente tipo, converteuse nun destino moi popular entre os amant...

Festas tradicionais na Costa da Morte: historia, cultur...

Se hai algo que define a Costa da Morte, ademais das súas paisaxes salvaxes e o seu mar indomable, é a súa forte identid...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Sábado
    10
    Outubro

    II Concerto de Corais ...

    A música coral será protagonista en Laxe o sábado 10 de outubro de 202...

  • Sábado
    10
    Outubro

    Mofa & Befa presen...

    Mofa & Befa presenta Os dous de sempre en Cee o sábado 10 de outub...

  • Sábado
    10
    Outubro

    «Os dous de sempre» en...

    A Casa da Cultura de Cee acolle «Os dous de sempre», unha proposta tea...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.