A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración dunha nova mesa interpretativa do proxecto Atlantic Sunset

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) participou onte en Viana do Castelo (Portugal) no acto oficial de inauguración dunha nova mesa interpretativa do proxecto Atlantic Sunset, iniciativa europea que identifica os puntos desde os que se observa o último solpor da Europa atlántica.

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandra Vilela Riveiro —tesoureira da entidade e tenente de alcalde de Muxía— e polo alcalde de Fisterra, Luis M. Ínsua Lago, que acompañaron ás autoridades portuguesas e aos socios do proxecto nun encontro simbólico celebrado xunto ao Farol de Montedor, en Carreço (Viana do Castelo).

Este acto supón unha continuación natural do celebrado o pasado 19 de setembro na Costa da Morte, durante o Interreg Cooperation Day, no que se inauguraron as primeiras mesas interpretativas en Cabo Touriñán, Monte Pindo e Cabo Fisterra. Ademais, no marco do proxecto tamén está prevista a instalación dunha mesa interpretativa en Muxía, reforzando así os puntos clave desde os que se contempla o último solpor da Europa continental ao longo do ano.

Para a CMAT, ser entidade asociada do proxecto Atlantic Sunset representa unha “oportunidade estratéxica para fortalecer a cooperación co norte de Portugal e reforzar a identidade atlántica compartida”, tal e como destacou o seu presidente durante a intervención. Así mesmo, subliñou que este proxecto permite avanzar na creación de produtos turísticos sostibles baseados no patrimonio natural, cultural e científico, en colaboración con universidades e centros de investigación de ambos lados da fronteira.

O proxecto Atlantic Sunset está coordinado pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais (FCEER) e conta co apoio do Programa Interreg Atlantic Area e da Universidade do Porto. O seu obxectivo é crear unha rede atlántica que poña en valor os solpores como recurso patrimonial, turístico e identitario común.Coa nova mesa interpretativa de Montedor, Galicia e Portugal dan un paso máis para consolidar unha narrativa compartida que demostra que “a luz do Atlántico non separa territorios, senón que os une”.

👉 Máis información sobre o proxecto:
https://atlanticsunset.eu/

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.