Actividades ao aire libre na Costa da Morte: surf, kayak e paddleboard

Cada vez son máis os que se aventuran a entrar no océano para pillar ondas ou explorar as profundidades. Anímaste tamén ti?
Paddle Surf en Laxe

A Costa da Morte, como é de esperar, é terra de actividades ao aire libre. Especialmente acuáticas. Aínda que é certo que a aparición das actividades acuáticas é relativamente recente e que, en xeral, os locais sempre viron o mar como un medio para gañarse a vida ou como algo ao que terlle medo.

Cada vez son máis os que se aventuran a entrar no océano para pillar ondas ou explorar as profundidades. Anímaste tamén ti?

Praia De Malpica Surf 8

Surf e kitesurf na Costa da Morte

A Costa da Morte non destaca polo seu mar en calma. E isto atraeu nas últimas décadas a moitos amantes do surf. É certo que a maioría das súas praias son para surfistas experimentados.

Sen embargo, tamén hai cabida aquí para aqueles que queren iniciarse neste deporte e existen escolas con clases adaptadas en Razo (Carballo), Malpica de Bergantiños e Nemiña (Muxía). Alí facilitaránche o material, aconséllanche sobre o mellor día para probar e acompañaranche en todo momento.

Se xa tes máis experiencia, esas mesmas praias tamén poden estar moi ben para practicar surf. E algúns dos lugares máis famosos para facer kitesurf son os de Traba ou Soesto no Concello de Laxe.

Surf 2 (carballo)

Submarinismo na Costa da Morte

Coller unha bombona de oxíxeno e aventurarse a descubrir as profundidades do Océano Atlántico pode soar aterrador para algúns, pero emocionante para outros. Se es dos segundos, o submarinismo na Costa da Morte está feito para ti.

Pódese reservar esta actividade tanto en Malpica de Bergantiños como en Fisterra, onde xa desde a primeira inmersión se pode mergullarse ata barcos afundidos, que dan nome a este territorio.

Se che apetece ver un pouco máis da vida submarina, pero sen adentrarte nas profundidades do océano, en moitas das praias pódese ver con facilidade vida mariña facendo snorkel. Consigue unhas simples gafas e tubo e a gozar!

Paddlesurf na Costa da Morte

Se todo o anterior soa demasiado extremo, animámosche a facer algunha actividade na súa versión relax. Hai praias nas que podes reservar unha paddleboard e divertirte un rato en augas tranquilas. Que as hai! Non todas as praias son salvaxes, senón que existen moitas outras ao abrigo da ría onde, aínda que haxa que estar atento, poderás gozar con tranquilidade.

Paddle Surf En Laxe

Kayak na Costa da Morte

Ao longo do territorio atoparás diferentes lugares onde alugar kayaks, tendo así a posibilidade de facer rutas moi diversas.

Unha delas é o Estuario do Río Anllóns, no Concello de Ponteceso. Deste xeito, poderás descubrir os encantos desta zona remando sobre a túa propia embarcación. É unha escusa perfecta para pasar un bo rato mentres sigues descubrindo as marabillas que Costa da Morte ten para ofrecer. Esta zona é moi especial pola súa fauna, especialmente as aves.

No sur de Costa da Morte, hai máis aventuras en kayak agardándote. Poderás chegar ata a mesma Cascada do Ézaro remando e saír ao mar aberto. Se es o suficientemente aventureiro, poderás incluso chegar ás Illas Lobeiras. Un pequeno arquipélago na ría de Corcubión con moita maxia.

Cabana Ocio Esteiro Anllóns12

Senderismo en Costa da Morte

Tamén existe a posibilidade de que sexas un animal de secano e non che interese para nada a auga. Non te preocupes, tamén hai opcións para ti. Desde rutas duras a outras moito máis fáciles. Sexa cal for a túa forma física e as gañas que teñas, haberá unha para ti. Aquí deixámosche un enlace a un artigo no que facemos un análise máis detallado das mellores rutas de sendeirismo de Costa da Morte.

Camariñas Senderismo E Btt Preto Faro Vilán01

Agardamos que este artigo che inspirase a coller a túa mochila e achegarte á Costa da Morte para gozar de actividades ao aire libre nesta tempada. Que non é só no verán! Aquí desfrutamos de estar ao aire libre os doce meses do ano e estás convidado a facelo con nós tamén. Agardámoste!

Se decides facer algunha destas actividades e subes fotos a Instagram, etiquétnos na conta @visitacostadamorte onde tamén te podes deixar inspirar por quen xa sentiu a maxia deste espazo antes.

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

VAL DO RÍO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE

O val do río Beba sitúase entre os montes da Ruña e unha pequena lomba que o separa do val de Mazaricos. Representa unha...

Que festas gastronómicas hai na Costa da Morte?

Pregúntaste que festas gastronómicas hai na Costa da Morte? Aquí traemos a selección completa! A gastronomía é un pil...

Castros e dolmens prehistóricos en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é coñecida pola súa beleza natural, pero tamén pola súa rica herencia ...

CAMELLE, OMNIPRESENCIA DA FIGURA DE MAN

Camelle, ata non hai moitos anos, era un pequeno núcleo mariñeiro que se estendía pola parte esquerda da baía que leva e...

O Camiño de Santiago á fin do mundo: Fisterra e Muxía

Cada vez son máis os peregrinos que deciden continuar o Camiño de Santiago ata o fin do mundo, ben ata o Faro de Fisterr...

Festas tradicionais na Costa da Morte: historia, cultur...

Se hai algo que define a Costa da Morte, ademais das súas paisaxes salvaxes e o seu mar indomable, é a súa forte identid...

CORME, VILA NA QUE O PERCEBE VISTE DE FESTA

O núcleo de Corme Porto debe a súa orixe ás boas condicións da enseada na que se sitúa o seu porto que permitía o aprove...

FERVENZA DO ÉZARO, ESPLENDOROSO ESPECTÁCULO NATURAL

O río Xallas, que leva o nome da comarca que atravesa, ten as súas primeiras fontes na ladeira occidental do monte Caste...

Historias e lendas mariñeiras da Costa da Morte: mitos,...

A Costa da Morte é moito máis que un destino de natureza salvaxe e praias infinitas. A súa historia está vencellada ao m...

PENEDOS DE PASARELA E TRABA, MUSEO NATURAL SEN TEITO

Para comprender a importancia e o valor dos Penedos de Pasarela e Traba necesitamos coñecer como se formou este conxunto...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    8
    Xuño

    Festas do Sacramento 2...

    As Festas do Sacramento 2026 en Paiosaco celebraranse os días 6, 7 e 8...

  • Mércores
    10
    Xuño

    Ximnasia rítmica e est...

    O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o tal...

  • Xoves
    11
    Xuño

    Xornada sobre o eclips...

    A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11...