Search
Close this search box.

Dous fotógrafos da Costa da Morte, entre o xurado do I Concurso Fotográfico organizado pola CMAT

Lorena Mariño, Diego Alonso e María Lema decidirán entre máis de corenta fotografías a gañadora do I Concurso Fotográfico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe

Lorena Mariño, Diego Alonso e María Lema decidirán entre máis de corenta fotografías a gañadora do I Concurso Fotográfico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe

ZAS, 06/11/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anuncia as persoas que forman parte do xurado que elixirá a fotografía gañadora desta primeira edición do concurso fotografico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe. A persoa gañadora recibirá o premio durante a celebración do IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte, que será o martes 12 de novembro ás 18:00h no Pazo de Trasariz, Vimianzo.

O xurado desta primeira edición

O xurado desta edición está formado por tres persoas.

Diego Alonso: nado en 1976, leva a fotografía no sangue. Vén dunha familia de fotógrafos que, desde o seu bisavó ata os seus pais, retrataron os momentos e as paisaxes da Costa da Morte, unha terra que lle deu as súas primeiras inspiracións e un fondo sentido de pertenza. No 2006 decidiu abrir o seu propio camiño e creou Diego Alonso Fotógrafo, un proxecto co que se adentrou no mundo da fotografía social. Agora, despois de case dúas décadas, a súa especialidade son as vodas. Gústalle pensar que o seu traballo é máis que unha serie de fotos: é capturar eses instantes únicos nos que dúas persoas se din “si” para sempre, e formar parte deses momentos éncheo de gratitude.

Lorena Mariño é unha fotógrafa de Malpica de Bergantiños. Actualmente adícase a realizar fotomontaxes con autorretratos, nos cales desenvolve en xeral un estilo escuro ou idílico procedente da inspiración que lle provocan as películas e historias de medo, as lendas cos seus seres fantásticos ou a mitoloxía.

María Lema é funcionaria de carreira da Deputación da Coruña, vicepresidenta da CMAT e concelleira de cultura, educación e turismo no Concello de Dumbría. Defínese como unha persoa á que lle gusta compartir o coñecemento e sempre disposta a aprender algo novo. En relación ao mundo da fotografía, é a impulsora do movemento #DumbríaÉ, creado en 2011 para visibilizar os departamentos e accións en redes do Concello de Dumbría, e proxectado aos longo dos anos en diferentes áreas, dando lugar a un concurso de fotografía co mesmo nome para visibilizar diferentes temáticas de Dumbría.

Os premios do concurso

Esta primeira edición contará con dous premios: un Premio do Público e un Premio do Xurado.

O Premio do Público será para a foto que, a 31 de outubro ás 23:59 horas, contara con máis gústame na publicación de Instagram coa que participou no concurso.
No Premio do Xurado, a decisión sairá do xurado mencionado, que terá que seleccionar entre todas as fotografías participantes tres finalistas, das que sairá a gañadora.

As catro fotografías (a premiada polo público e as tres finalistas do Premio do Xurado) serán expostas durante o IV Encontro de Turismo da Costa da Morte, organizado pola CMAT, que se celebrará o próximo 12 de novembro no Pazo de Trasariz, en Vimianzo.


Será nese evento onde se entregarán os premios ás dúas persoas gañadoras. Os premios consistirán nunha noite nun establecemento turístico da Costa da Morte para dúas persoas e unha experiencia gastronómica, ademais da entrega da fotografía impresa e un diploma.

Un concurso para promocionar a Costa da Morte

Este concurso fotográfico, que estivo activo desde xuño ata o 31 de outubro, serviu para dinamizar as redes sociais da CMAT, onde máis de cincuenta publicacións demostraron a gran riqueza natural do noso territorio baixo o cancelo #concursonaturalmentesalvaxe.


Manuel Muíño, presidente da CMAT e alcalde de Zas, valorou positivamente o desenvolvemento do concurso: «Esta primeira edición abre unha boa oportunidade para seguir ampliando as iniciativas de promoción turística nas redes sociais. A boa participación e a diversidade das imaxes demostran unha vez máis a riqueza do noso territorio en moitas áreas».

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebra os éxitos do sector turístico durante o ...

O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edicion deste Encontro que cada ano reúne a...

A CMAT presentará a súa nova páxina web durante o IV En...

ZAS, 07/11/2024. Costa da Morte Asociación Turistíca (CMAT) presentará un novo sitio web (visitacostadamorte.com ) duran...

Dous fotógrafos da Costa da Morte, entre o xurado do I ...

Lorena Mariño, Diego Alonso e María Lema decidirán entre máis de corenta fotografías a gañadora do I Concurso Fotográfic...

A CMAT premiará aos gañadores do I Concurso Fotográfico...

O premio, que consistirá nunha noite para dúas persoas e unha experiencia gastronómica, será entregado tanto á persoa ga...

Bieito Romero, embaixador da Costa da Morte

A Xunta Directiva da CMAT acordou entregar este recoñecemento durante a IV edición do Encontro de Turismo da Costa da Mo...

Concurso Fotográfico 2024

Bases Legais do I Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe 1. Obxectivo do concurso O obxectivo no...

Actividades de Verán na Costa da Morte 2024

Por fin comezou o verán na Costa da Morte. Un momento do ano no que moitas persoas deciden visitar este fantástico terri...

A CMAT organiza un itinerario con catro blogueiros de v...

ZAS, 23/08/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza esta actividade de promoción turística na que ...

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para alb...

ZAS, 03/09/2024. A CMAT abre o prazo de presentación de candidaturas para acoller o Encontro de Turismo Anual da Co...

Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen présa:...

ZAS, 05/09/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convidou a catro blogueiros de viaxe a percorrer divers...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg