- Percorrido: Lineal
- Punto de partida/chegada: Porto de Muxía/ Mirador Monte Facho
- Lonxitude: 11,4 km (ida e volta)
- Duración aproximada: 3 horas
- Dificultade: Moderada
Os miradoiros situados nas zonas máis altas son uns dos paraxes preferidos de calquera ruta.
En Muxía debemos ascender ata o monte Facho para recoller unha das panorámicas máis icónicas da Costa da Morte.
As vistas da vila de Muxía co cabo e faro Vilán ao fondo son das que permanecerán longo tempo na nosa retina unha vez que haxamos terminado esta viaxe.
Partindo do centro de Muxía bordeamos a costa polo Coido das Margaridas e a praia de Lourido.
Neste punto podemos observar a silueta do orixinal e novo icono da Costa da Morte: o parador de Muxía.
Nos adentramos na aldea de Lourido e comezamos un pronunciado ascenso ata a cima do Monte.
Aos pés das sempre presentes antenas de telecomunicacións atopamos o miradoiro cunha serie de bancos onde debemos sentarnos a recuperar o aliento.
As vistas son espectaculares e merece a pena desfrutar do momento con calma antes de iniciar o descenso e volver ao centro de Muxía.
Esta ruta pódese completar cun paseo pola rúas e porto de Muxía desfrutando da gastronomía local e visitar outros puntos de interese.
Por suposto que un delos é o santuario da Virxe da Barca.
Monumento reconstruído despois de ser pasto das chamas en 2013 e lugar onde se situaba a mítica Pedra de Abalar.
Durante o traxecto ata o santuario podemos deternos nos secadeiros de congrio, que son os únicos en funcionamento de toda España, no Coido, zona cero do desastre do Prestige ou na casa natal de Ramón Caamaño, fotógrafo de Muxía, que inmortalizou coa súa cámara a vida da Costa da Morte.
Unha visita a unha vila que combina xoias patrimoniais, ambiente mariñeiro, Camiño de Santiago e novos iconos de arte e arquitectura contemporánea como o citado Parador, os murais e o tamén icónico monolito de “A Ferida”.
Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc