Ruta dos menhires.

A Laracha

Saber máis sobre Ruta dos menhires.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

Kilómetros totais: 43 kilómetros.

Accesos en vehículo: Pedra Moura de Aldemunde e Pedra da Arca de Cerqueda son accesibles en vehículo particular.

Accesos a pé:

  • Marco da Anta: 310 metros desde a estrada.
  • Chan das Embarradas: 860 metros desde a estrada.
  • Fuso da Moura: 330 metros desde a el último aerogenerador del mirador de Fuso da Moura.

Comezamos o percorrido polo concello da Laracha, en concreto visitando unha das poucas “pedrafitas” (menhires) coñecidas na Costa da Morte, o Marco da Anta, denominado tamén Pedra do Ghicho ou Pedra do Carallo.
Este curioso nome provén seguramente da súa peculiar forma fálica.
Aínda que non está clara cal puido ser a súa función durante a prehistoria, ata época recente utilizouse cómo marco indicador do linde entre dúas parroquias.
Para chegar a ela debemos deixar o noso vehículo na estrada e tomar un camiño de monte durante 900 metros ata chegar ao monumento.

Despois do Marco podemos retomar a viaxe en coche para dirixirnos a terras do municipio de Carballo.
Alí, na parroquia de Aldemunde, atópase a Pedra da Moura, nun contorno case idílico, nunha parcela de prado ao lado do camiño.
O seu nome evoca historias de mouros e mouras, que para os nosos maiores foron os construtores míticos de dólmenes e mámoas (túmulos).
En Aldemunde, conta que as pedras foron transportadas por unha moura desde o Petón de Calvelo, mentres iba filando nunha roca e daba de mamar a un neno.

Volvemos á estrada e nos encamiñamos agora cara a Coristanco ata chegar ao lugar de Bieite de Abaixo.
Deixamos o vehículo no lugar e facemos unha pequena camiñata duns 800 metros polo chamado monte de Figueiras ata o dolme de Chan das Embarradas.
O monumento aparece escondido en medio do bosque, arrimado a un antigo muro de pedra, que aproveitou parte do corredor de entrada para a súa construción.
O megalito, que conserva a maior parte da súa estrutura, está realizado a base de enormes pedras de esquisto e unha delas chama a atención por presentar unha tonalidade máis escura que as outras.

O seguinte destino é a Pedra da Arca, en Cerqueda, no concello de Malpica, nela volve a aparecer a mesma leira dunha moura que levou as losas de pedra na cabeza mentres hilaba cunha roca e amamantaba a un bebé.
Pero o que máis impresiona desta anta é a súa monumentalidade, especialmente da pedra de cuberta que se calcula acada as 9 toneladas.

Deixamos Cerqueda e o novo destino sitúase no monte de Asalo, no límite entre os concellos de Malpica e Ponteceso, nun parque eólico que conta cunha das mellores vistas panorámicas de toda A Costa da Morte.
Cerca do miradoiro do Fuso da Moura, atópase unha “pedrafita” co mesmo nome e cunha curiosa forma que recorda á dun fuso.
Está integrada nunha necrópolis megalítica e durante a prehistoria puido xuga-lo papel de fito sinalizador dos enterros.
Ata hai non moitos anos era tradición levar alí o gañado enfermo e para que se curase había que dar primeiro varias voltas arredor da pedra e despois, ao baixar do monte, era necesario romper unha cazuela de barro nun cruzamento onde houbese un cruceiro.

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Ruta da Insua (RC-1) – Camariñas

Percorrido: circular Punto de partida/chegada: Praia do Ariño (Camariñas) Lonxitude: 3,5 km. Duració...

Ruta fluvial de Baio. Zas

Percorrido: Lineal Punto de partida/llegada: Baio – Dolmen de Pedra Vixía Lonxitude: 3,8 km (ida) Du...

Ruta Santiago de A Ameixenda

A Ruta Santiago de A Ameixenda é un percorrido curto pero moi simbólico, que revive a lenda do paso ...

O Monte Pindo. Miradas do Atlántico

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Igrexa do Pindo – A Moa Lonxitude: 4,00 km (ida) ...

Desde Malpica a San Adrián

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Paseo Marítimo de Malpica. Ermita de San Adrián Lonxit...

Ruta San Guillerme e Faro de Fisterra

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Fisterra Longitud: 4.00 km (ida) Duración apro...

PRG-142 Ruta das cascadas. Carballo

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Brea – Entrecruces (Carballo) Lonxitude: 18,6 km (ida) ...

PRG148 Ponteceso

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Casa natal de Eduardo Pondal / Porto de Corme Lonxitude...

Ruta Muxía – Monte Facho

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Muxía/ Mirador Monte Facho Lonxitude: 11,4 km ...

Ruta das cascadas. Mazaricos

O concello de Mazaricos realiza unha proposta de rutas para coñecer cinco cascadas no contorno das c...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.