Ruta Sendas do Mar De Razo a Baldaio

Carballo

Saber máis sobre Ruta Sendas do Mar De Razo a Baldaio

  • Percorrido: Lineal
  • Punto de partida/chegada: Porto de Razo.
    Praia de Baldaio
  • Lonxitude: 5,5 km
  • Duración aproximada (ida e volta): 2,40 horas
  • Dificultade: Fácil

Carballo nos ofrece o contraste que nos acompañará durante toda a nosa estadía na Costa da Morte, do interior dos ríos e bosques frondosos e verdes, pasamos a unha costa dura e ventosa.
Pero non hai nada cómo chegar ao arenal que conforma a costa entre Razo e Baldaio para facerse á idea do que é unha praia inmensa e salvaxe.

Estamos diante dun dos paraísos dos surfistas en Galicia.
Percorrer os case seis quilómetros que nos levan de Razo a Baldaio será unha empresa que deberemos acometer con calma, porque camiñar sobre a area fina é bastante cansado.
Pero las mujeres de la zona nos asegurarán que no hay nada más saludable que “andar á salseira”, que é o que fan moitos veciños e veciñas da zona durante todo o ano.
Poderemos comprobar cómo calquera día do ano sucédense docenas de parellas e de persoas que en solitario gozan sobre un arenal ante a inmensidade do océano.

Os nosos pasos nos levan ata a lagoa de Baldaio, que queda escondida á nosa espalda polas dunas que se levantan sobre a praia.
Este será o noso camiño de volta, gozando das vistas case lunares que nos ofrecen as dunas, a súa vexetación e a lagoa de marisma, que conforman un espazo natural de interese comunitario e zona de especial protección para as aves.

Unha vez rematada a ruta podemos decidir entre proseguir polos sendeiros e calas que nos levarán ata Caión ou permanecer no espazo de Razo, onde descansaremos e desfrutaremos dalgún dos establecementos de restauración cos que conta a zona, especialmente concorridos no verán, cando o arenal se leva de surfistas pero tamén de turistas que se acercan a desfrutar dun mar bravo que esconde a esencia mesma da Costa da Morte.

Un lugar con moitas opcións de actividades e descubrimento de fenómenos naturais como praias fósiles, marisma, observación de aves e dunas.
Existe á disposición dos visitantes un percorrido auto guiado con códigos QR así como numerosos paneis informativos que facilitan a interpretación do lugar enriquecendo a visita.
Lugar de referencia para a práctica do surf onde podemos pasar unha xornada completa de praia combinada co descubrimento dun fascinante espazo natural.

Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Paseo Maritimo de Caión

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Praza de Eduardo Vila Fano Longitud: 2 km Duración apro...

Polos dólmenes de Soneira e Bergantiños

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS da Ruta polos dólmenes de Soneira e Bergantiños: Kilómetros totais: 43 ki...

Ruta da Insua (RC-1) – Camariñas

Percorrido: circular Punto de partida/chegada: Praia do Ariño (Camariñas) Lonxitude: 3,5 km. Duració...

Ruta fluvial de Baio. Zas

Percorrido: Lineal Punto de partida/llegada: Baio – Dolmen de Pedra Vixía Lonxitude: 3,8 km (ida) Du...

Ruta das cascadas. Mazaricos

O concello de Mazaricos realiza unha proposta de rutas para coñecer cinco cascadas no contorno das c...

Ruta Muxía – Monte Facho

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Muxía/ Mirador Monte Facho Lonxitude: 11,4 km ...

Arqueoloxica de Borneiro

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Castro A Cidá de Borneiro Longitud: 10 km Duración ap...

Ruta Vierio Fidalgo. Vimianzo

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Igrexa de San Pedro de Berdoias Longitud: 9 kms...

Paseo fluvial do río Negro

O paseo fluvial do río Negro é unha das rutas máis fermosas do concello de Muxía, situada na parroqu...

Ruta guiada pola vila resurgida de Cee

A Ruta guiada pola vila resurgida de Cee ofrece unha oportunidade única para mergullarse na historia...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.