PR-G 158 Ruta Costa da Morte

Camariñas

Saber máis sobre PR-G 158 Ruta Costa da Morte

  • Percorrido: Circular
  • Punto de partida/chegada: Ruinas del Castillo do Soberano (Camariñas)
  • Lonxitude: 22,5 km.
  • Duración aproximada (ida e volta): 7 horas
  • Dificultade: Media-alta

O sendeiro PR-G 158 nos permite desfrutar dun das paisaxes máis privilexiadas da costa galega, no corazón da Costa da Morte.

Na primeira metade da ruta pasaremos por ensenadas, acantilados e praias, observando neste traxecto a forza do océano co Faro de Cabo Vilán sempre presente. A segunda metade discorrerá pola montaña, desfrutando das vistas da Ría de Camariñas.

A ruta iníciase en Camariñas, municipio coñecido polo famoso Encaixe de Bolillos. É tal o alcance desta artesanía que en Semana Santa se celebra a Feira Internacional de Interese Turístico “Mostra de Encaixe de Camariñas”, con desfiles de moda e exhibición deste tipo de artesanía.

O punto exacto de saída son os restos do Castillo do Soberano, fortín militar e defensivo datado no século XVIII e construído en honra a Carlos III. O seu obxectivo era defender ao pobo dos piratas e pobos invasores. Neste lugar atopamos un panel con información detallada da ruta.

Continuamos sempre paralelos ao mar, aínda que recomendamos desviarnos ata a capela da Virxe do Monte. Merece a pena facer esta pequena desviación na ruta para recoller as espectaculares vistas da ría e de Muxía. Volvendo de novo ao sendeiro, chegamos á praia de Lago, arredor da cal se atopa unha zona protexida dentro da Rede Natura 2000 Costa da Morte, en Camariñas. A nosa seguinte parada é o mítico Faro Vilán, inaugurado en 1896, e o primeiro faro eléctrico de Europa. Ademais, nel sitúase o Centro de Interpretación de naufraxios e sinais marítimas da Costa da Morte.

Moi próximo a Cabo Vilán, nos atopamos cos denominados “Vilán de Fora e Furna dos Infernos”. Vilán de Fora é un illote declarado Zona de Especial Protección das Aves, xa que nel atópanse especies protexidas e en perigo de extinción en Europa como a gabiota tridáctica (rissa tridactyla) e o arao común (uria aale) de España.

Ao longo deste camiño tamén desfrutaremos de restos arqueolóxicos como a parada na mámoa de Reira e outras esculturas de tipo natural como a Pedra do Oso ou a dos Enamorados de Reira.

E desde aquí chegamos a un punto emblemático e famoso desta ruta, o Cemiterio dos Ingleses. Nel están enterrados os mariñeiros mortos no naufraxio do buque inglés The Serpent, en 1890. Este cemiterio inclúese no Itinerario Cultural da Unión Europea dos Cemiterios Singulares.

Antes de entrar no tramo final da ruta paramos na Praia de Trece, irmosa praia con grandes formacións dunares, e de aí seguimos ata o Monte Blanco, tamén unha duna remontante, exemplo único de todo o norte peninsular.

Facemos xa unha última parada no Miradoiro As Seixas, descubrindo de novo as vistas do Faro Vilán e a ría de Camariñas.

Regresamos xa finalmente ao punto de partida, o Castillo do Soberano e a vila da Camariñas.

Unha ruta paisaxística onde desfrutar da beleza do mar e coñecer a cara tráxica da Costa da Morte a través dos naufraxios.

O tramo costeiro forma parte do itinerario da ruta dous faros de xeito que é posible que nos atopemos con outros camiñantes que realizan o paseo en dirección oposta.

Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc

 

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Ruta dos menhires.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Kilómetros totais: 43 kilómetros. Accesos en vehículo: Pedra Moura de Alde...

Ruta Ponte da Garda a Saimia

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Área recreativa de Garda Lonxitude: 0,8 km Duración apr...

Ruta San Guillerme e Faro de Fisterra

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Fisterra Longitud: 4.00 km (ida) Duración apro...

PRG-142 Ruta das cascadas. Carballo

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Brea – Entrecruces (Carballo) Lonxitude: 18,6 km (ida) ...

Ruta Sendas do Mar De Razo a Baldaio

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Razo. Praia de Baldaio Lonxitude: 5,5 km Dura...

Ruta Vierio Fidalgo. Vimianzo

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Igrexa de San Pedro de Berdoias Longitud: 9 kms...

PR-G 70 Punta Insua. Laxe

Percorrido: Circular Punto de partida/llegada: Laxe Lonxitude: 4,6 km. Duración aproximada (ida e ...

Derrubando muros con Pintura. Carballo

Derribando Muros con Pintura é unha iniciativa de arte urbano que está convertendo a Carballo nun au...

Ruta da Insua (RC-1) – Camariñas

Percorrido: circular Punto de partida/chegada: Praia do Ariño (Camariñas) Lonxitude: 3,5 km. Duració...

Ruta fluvial de Baio. Zas

Percorrido: Lineal Punto de partida/llegada: Baio – Dolmen de Pedra Vixía Lonxitude: 3,8 km (ida) Du...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.