Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Vimianzo. O concello de Vimianzo é a capital natural da Terra de Soneira. Forma parte da denominada Costa da Morte e linda cos concellos de Laxe, Camariñas, Muxía, Dumbría e Zas. Pola parte sureste limita co Encoro da Fervenza, que o separa do concello de Mazaricos.
O concello de Vimianzo conta dentro do seu patrimonio histórico cun importante número de igrexas, edificios, etc. que recollen diferentes estilos arquitectónicos. Tamén posúe un importante legado histórico; é un concello no que se pode apreciar a evolución da civilización humana dende a Idade Castrexa ata a actualidade: dolmens, mámoas, petróglifos, castros, mostras do Románico e do Renacemento, arquitectura civil e relixiosa, conflúen na diversidade das terras de Soneira.
Hoxe amosámosvos o concello dende o punto de vista de Mónica Rodríguez Ordóñez, Alcaldesa de Vimianzo. Deixámosvos as mellores respostas:
Que sentimentos esperta para ti Costa da Morte? Que significa para ti?
Inspírame natureza e cultura a carón do bravo Atlántico, unha conexión con todo o litoral oeste de Europa. ÿ a terra do solpor, co seu lado salvaxe e de misterio.
Tres motivos para descubrila
- A su´a paisaxe atla´ntica, con acantilados, praias de mar aberto, ri´as, sendeiros e esa multitude de balco´ns ao solpor. Chega ata aqui´ a prolongacio´n do Camin?o a Fisterra e Muxi´a que, deseguro, ten a su´a orixe en ver ese fin do mundo.
- O patrimonio cultural, que permite facer un percorrido pola historia de humanidade galaica, desde a e´poca dos dolmens ata a actualidade, pasando por castros e castelos. Para a su´a interpretacio´n abren as portas varios museos e centros dispersos polos dezasete concellos do xeodestino: Dolmen de Dombate, Torres do Allo, Bata´ns de Mosqueti´n, Castelo de Vimianzo, Casa do Oleiro en Bun?o, Museo de Carballo, Museo do Mar de Fisterra….
- As su´as xentes, hospitalarias e portadoras de saberes coma as artesani´as que se poden ver no Castelo de Vimianzo.
En qué época do ano che gusta máis Costa da Morte e por que?
A primavera e, sobre todo, o vera´n ten?en o seu atractivo pola multitude de celebracio´ns, polas horas de luz e pola temperatura, que nos permiten gozar desta terra. Temos a sorte de que ai´nda non esta´ masificada. Durante estas estacio´ns hai multitude de actividades deportivas, culturais e gastrono´micas.
Seguen o outono e o inverno, coa cai´da da folla, os seus coloridos e os seus froitos. Boa e´poca para facer sendeirismo, apan?ar castan?as, recoller setas, para pasear a caro´n do mar ou para compartir un bo xantar. Incluso, cando hai fortes temporais, e´ todo un especta´culo ver o mar embravecido desde un lugar seguro.
Para os turistas que se animan a visitarvos fóra da tempada de verán, que experiencias non poden perderse?
- Un paseo por algunha das nosas praias
- Un solpor
- Un sendeiro
- Unha visita a algu´n museo ou centro de interpretación
- Unha boa comida cos produtos do mar e da terra
Ademais do Castelo de Vimianzo, que outros lugares ou experiencias non poden perderse?
- Bata´ns do Mosqueti´n
- Senda interpretativa de Cereixo
- Ruta dos Penedos de Pasarela e Traba
- Ruta dos Dolmens
- Ruta polo Val de Vimianzo
- Roteiro Fidalgo
- Vi´a Mari´ana e visita a Orbellido, a caro´n do embalse de Fervenza
- Un chocolate con churros o di´a do mercadillo, todos os xoves en Vimianzo
- Programacio´n cultural e deportiva do municipio e actividades de diversos colectivos
Galicia en xeral, e Costa da Morte en particular, son sinónimo de boa comida, algunhas recomendacións de pratos típicos para descubrir Vimianzo mediante o padal?
Vimianzo e´ unha referencia no mapa gastrono´mico da Costa da Morte pola abundancia de establecementos, polo seu bo facer e pola variedade que se pode atopar nas su´as cartas, que vai desde as verduras ata as carnes, pasando polos peixes e mariscos, produtos que se preparan con receitas tradicionais ou incorporando as u´ltimas tendencias dos fogo´ns.
As carnes a´ parrilla ocupan un lugar destacado na oferta e o menu´ do di´a non foi esquecido polos nosos restauradores e os traballadores da zona saben que dispon?en dun amplo abano de pratos por un mo´dico prezo.
Empanadas de bacallau, caldeiradas de pescados, guisos, estofados, caldo, bolos do pote e callos completan esta oferta que se extende aos pinchos dos bares.
Hai que resaltar a alianza da industria alimentaria con esta oferta gastrono´mica, provinte das panaderi´as e das ca´rnicas.
Outro aspecto relacionado co bo comer e´ o lu´dico e, nos u´ltimos anos, os Pinchos Irmandin?os, que preceden a´ Festa do Alsalto, acapararon un gran e´xito. A Fagui´a de Carne´s, declarada Festa de Interese Turi´stico de Galicia, protagoni´zase pola degustacio´n de callos que preparan os vecin?os.
Que vos contan os que vos visitan? Que é o que máis lles apaixona da súa estancia en Vimianzo? E de Costa da Morte?
Valoran moi positivamente os espazos interpretativos do Castelo e os Bata´ns e tame´n as visitas guiadas e teatralizadas que se organizan.
As túas tres praias favoritas en Costa da Morte? Por que esas? E para os amantes do surf e outras actividades náutico-deportivas?
- A praia de Traba, polo seu cara´cter salvaxe e por formar parte do percorrido do Camin?o dos Faros que a une con Camelle nun fermoso traxecto de rochas e acantilados.
- A praia de Arin?o, por ser de ri´a e un lugar con arboleda e merendeiro, moi co´modo para pasar un di´a en familia
- A praia do Rostro, un areal que nos conecta co Atla´ntico e co solpor e que ten unha sonoridade especial.
Para os amantes do sendeirismo… cal recomendas no teu concello? E cal é a túa preferida en Costa da Morte?
A ruta dos Penedos de Traba e Pasarela e´ unha magni´fica opcio´n.
Desde o concello organi´zanse varias rutas guiadas ao largo do ano que ten?en moito e´xito. Ademais, existen outras posibilidades:
- O Camin?o dos Faros, que transcurrre pola costa e pasa por Vimianzo entre Traba e Camelle e en Cereixo.
- A Vi´a Mariana, que une Braga con Muxi´a e atravesa as parroquias de Bai´n?as e Berdoias, e se complementa coa ruta a caro´n do encoro e o vieiro Fidalgo.
Que lugar cres que é o gran descoñecido en Costa da Morte pero que ten un gran interese ou potencial?
O mar de ardora, a observacio´n das estrelas e as postas de sol.
Onde atopamos a mellor posta de sol?
En Vimianzo hai varios lugares, un deles e´ o Alto de San Bartolo, moi cerca da capital do municipio.