Search
Close this search box.

Entrevista a Xosé Regueira, Concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Carballo

entrevista-carballo

Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Carballo. Carballo, capital de Bergantiños, está situado ao norte de Costa da Morte. Epicentro económico e comercial da comarca, cruce de camiños entre Santiago, A Coruña e Fisterra, o pobo é na actualidade un núcleo dinámico e cheo de vida, con grande capacidade de atracción. 

O 60 por cento das e dos carbalenses viven nun núcleo urbano, que conta coa importante franxa de poboación xoven, chea de enerxía e de proxectos.

Entre o mar e a terra, entre o impulso dun pobo comercial e de servizos, e un rural que destacou sempre pola fertilidade das terras de Bergantiños, Carballo entende enérxico as súas raíces cara o futuro. 

Hoxe amosámosvos o concello dende o punto de vista de Xosé Requeira, Concelleiro de Promoción Económica e Turismo e Vicepresidente e Deputado de Turismo da Deputación da Coruña. Deixámosvos as mellores respostas:

Que sentimentos esperta para ti Costa da Morte? Que significa para ti?

Costa da Morte é o meu espazo vital, de nacemento e de residencia, para min significa pertenza, identidade, compromiso… vida.

Tres motivos para descubrila.

Paisaxe, autenticidade e cultura, serían os tres motivos que sempre saen da miña boca ou do meu teclado cando me preguntan os motivos polos que visitar Costa da Morte, aínda que hai moitos máis. Paisaxe, e non só mariñeira e litorial, porque o interior da Costa da Morte agocha lugares de extraordinaria singularidade e beleza; autenticidade porque aínda conserva o carácter das súas xentes, as súas fórmulas ancestrais de entender o territorio e, ainda que moitos dos oficios tradicionais xa non existen, o mar e a terra seguen sendo fundamentais na economía do territorio e a súa explotación modela aínda a realidade das persoas que vivimos aquí; e a cultura, cunha visión ampla, dende as tradicións, a cultura inmaterial e o patrimonio artístico e cultural, até a arte contemporánea, e dende a música tradicional até a electrónica máis a vangarda. 

En qué época do ano che gusta máis Costa da Morte e por que?

Non vou negar que o verán é un mes extraordinario para visitar Costa da Morte porque é unha realidade. Clima suave, paisaxe extraordinario, oportunidade de practicar moitos deportes e longos días. Mais penso que quen se atreva a descubrir Costa da Morte en inverno ou outono vai ter oportunidade de presenciar a verdadeira alma do territorio, sobre todo no litoral. Ademais é unha época extraordinaria para practicar deportes como o surf, o BTT ou o sendeirismo.

Para os turistas que se animan a visitarvos fóra da tempada de verán, que experiencias non poden perderse?

O outono e o inverno son momentos gastronómicos extraordinarios para “probar” a Costa da Morte, tanto de produto de horta como de mar. Esa razón sería xa suficiente para vir nestas dúas estacións. Mais tamén a paisaxe, a auga gana relevancia tanto no litoral como no interior, e as paisaxes mariñeiras e fluviais teñen unha potencia extraordinaria nestas estacións. Os deportes como o surf tamén gozan de moi boas condicións para a súa práctica neste tempo, mais outros como o sendeirismo ou a BTT tamén se poden practicar xa que o clima é suave en relación con outros puntos. 

Ademais da praia de Razo, que outros lugares ou experiencias non poden perderse?

O espazo natural Razo-Baldaio e´ un especta´culo tanto paisaxi´stico como pola su´a riqueza natural e a su´a biodiversidade. Mais, Carballo a di´a de hoxe ten un recurso altamente demandado que e´ o seu museo de arte contempora´neo ao aire libre, con ma´is de 100 obras de arte en gran formato distribui´das polo rueiro da vila e a di´a de hoxe atrae a milleiros de persoas a pasear e a fotografar arte urbano. O Concello de Carballo e´ sobre todo cultura e deporte, e durante todo o ano a oferta hostaleira cu´brese grazas a´ programacio´n de festivais internacionais como o Carballo Interplay, Rexenera Fest ou Fiot, e grandes probas deportivas de cara´cter autono´mico, estatal ou mesmo internacional que se celebran na localidade grazas ao mu´sculo deportivo local que conta con equipos en competicio´ns de a´mbito autono´mico e estatal en disciplinas como o fu´tbol, balonma´n, baloncesto, ciclismo, atletismo hoquei, natacio´n, salvamento, motor, padel, xadrez… e seguro que me queda algu´n. O turismo deportivo e´ moi importante para o concello.

Sen du´bida, non podemos esquecer un lugar fundamental e moi recomenda´bel, o Balneario de Carballo, o u´nico mineiro medicinal da Costa da Morte, que atrae a milleiros de persoas cada ano a tratarse de diferentes doenzas nas su´as augas e a descubrir durante a su´a estadi´a Carballo e a Costa da Morte.

Galicia en xeral, e Costa da Morte en particular, son sinónimo de boa comida, algunhas recomendacións de pratos típicos para descubrir Carballo mediante o padal?

Carballo e´ pan, con marca rexistrada e cunha tradicio´n ancestral de panadeiras e panadeiros, mesmo temos unha ruta de sendeirismo que se chama ?Ruta dos mui´n?os do pan?; pore´n, pan, empanadas e pan de ovo, son un aute´ntico manxar. Mais non podemos esquecer a faba, coa que abastecemos boa parte da demanda asturiana, un produto que conta mesmo con feiras especi´ficas; ou a pataca de ma´is prestixio de Galiza, a ?Fina de Carballo?, difi´cil de degustar fo´ra de noso concello. E se a todo iso lle engadimos unha carne de primeira calidade, e no caso de Carballo o chuleto´n de boi ou de vaca summum de Galicia xa se ten?en asentado na oferta gastrono´mica da localidade con sona en pontos moi alonxados do noso municipio, e un mercado de abastos que trae o mellor das lonxas da Costa da Morte, a gastronomi´a ten a´ forza de ser un motivo fundamental para achegarse aos nosos locais de hostaleri´a con e´xito asegurado na experiencia.

Ademais, o litoral carballe´s, cun clima moi benigno, produce uns produtos de horta dunha calidade extraordinaria. A tempada micolo´xica tame´n conta cunha moi boa oferta na restauracio´n.

E non me podo esquecer de produtos singulares de alti´sima calidade que temos na localidade como o chocolate Marin?o ou atu´n Calvo.

Mais Carballo, que conta cunha escola municipal de cocin?eiros, ten unha oferta gastrono´mica rica e variada, mais alo´ do produto, con excelentes restaurantes que transforman o que sae da nosa horta, da nosa cabana gandeira e do noso mar en bocados extraordinarios.

Que vos contan os que vos visitan? Que é o que máis lles apaixona da súa estancia en Carballo? E de Costa da Morte?

Sen du´bida, Carballo e´ un concello acolledor, cunha ampla oferta cultural, deportiva, gastrono´mica, paisaxi´stica e moitos servizos que ofrecerlle a´s persoas que nos visitan. En Carballo destacan xustamente iso, a su´a oferta urbana e litoral. No a´mbito urbano Carballo xa se ten convertido nunha pequena cidade e con ela ten medrado un comercio renovado e innovador, unha hostaleri´a de calidade e unha reformulacio´n do espazo ma´is pensada para as persoas e que ten a arte urbana como factor de atraccio´n, e a programacio´n cultural e deportiva como factor de dinamizacio´n e de cohesio´n da´ndolle valor a todo. E o litoral e´ unha referencia para un perfil de turismo que ten no surf ou na observacio´n da natureza as su´as principais motivacio´ns para visitarnos. Carballo no litoral e´ referencia en surf, en observacio´n de aves, en pesca deportiva e tame´n en ocio familiar de paseo e relax.

Mais Carballo ten experiencias turi´sticas de interior moi interesantes e atractivas como A Ruta das Fe´rvedas, a Ruta dos Muin?os do pan, as rutas urbanas da streetart, a Ruta dos Pinos do Mar, ou outras moitas ciclabeis que percorren a totalidade do municipio.

Todo iso fai que o perfil turi´stico se vaia definindo moi claramente cara un perfil xove ou mesmo moi xove, en moitos casos familiar, que busca deporte, cultura urbana mais non masificada, comodidade, servizos e unha boa oferta gastrono´mica, e por suposto diversio´n e especta´culos. Carballo ademais, sempre tivo, e ten, vocacio´n de ir ma´is alo´ do termo municipal e vendemos Costa da Morte. Para Carballo, Fisterra e´ Carballo, Seiruga e´ Carballo, Dombate e´ Carballo, e iso fortalece e complementa a nosa oferta e fainos ma´is competitivos ademais de mellorar a experiencia das persoas que elixen Carballo para pasar as su´as vacacio´ns.

O feedback e´ que volve, e iso e´ o importante. E xente que pasa por Carballo ao ano seguinte vai a outro concello da Costa da Morte e ache´gase a Carballo para conta´rnolo, o mesmo que xente que estivo noutro concello da Costa da Morte e que agora elixe Carballo porque veu visitarnos o ano anterior durante a su´a estancia.

O Balneario e´ tame´n fundamental na consolidacio´n de produto, milleiros de persoas descobren Costa da Morte pola su´a estancia neste establecemento, algu´n di´a farase xustiza co poder de dinamizacio´n dese establecemento.

Resumindo, co´ntannos que vivimos nunha terra incribelmente fermosa, na que se come moi ben e na que a xente e´ marabillosa, que mais se pode pedir?

As túas tres praias favoritas en Costa da Morte? Por que esas? E para os amantes do surf e outras actividades náutico-deportivas?

As min?as tres praias favoritas da Costa da Morte son a Arnela e Esplanada en Razo e a Pedra do Sal. Tiro para a casa, mais penso que son tres fanta´sticas praias, con todos os servizos necesarios e nas que o surf conta con excelentes profesionais tanto para iniciar a´s persoas que comezan como para aquelas que queren perfeccionarse nesa modalidade deportiva, ou mesmo para aquelas que so´ buscan facer surf. Calidade de area, excelencia na calidade da auga, servizo de socorrismo, espazo totalmente natural… un paraiso.

Outras praias da Costa da Morte situadas nas ri´as, algunhas fermosi´simas, son aptas para outro tipo de deportes na´uticos, mais ten?en bos embaixadores e embaixadoras para falar delas.

Para os amantes do sendeirismo… cal recomendas no teu concello? E cal é a túa preferida en Costa da Morte?

No meu concello recomendo a Ruta das Fe´rvedas, a Ruta dos Mui´n?os do Pan e a Ruta dos Pinos do Mar. Na Costa da Morte, sen du´bida, o Camin?o dos Faros.

Que lugar cres que é o gran descoñecido en Costa da Morte pero que ten un gran interese ou potencial?

Na Costa da Morte xa hai poucos lugares descon?ecidos, mais en moitos ai´nda hai potencial por explorar. Penso que o territorio ai´nda ten capacidade de carga e oportunidades de negocio desde o´pticas conscientes e cun modelo claramente sustentable. Ai´nda quedan servizos que ofrecer e buscar un plus de profisionalidade e de planificacio´n na experiencia turi´stica das personas que nos visitan.

Penso que o reto esta´ no modelo de xestio´n do territorio que ten que buscar a criazo´n de oportunidades e a xeracio´n de emprego de calidade desde unha xestio´n e modelo de negocio responsables co medio natural e claramente sustenta´beis. Temos unha ameaza para a paisaxe que son os parques eo´licos sobre a que e´ urxente e necesario debater. A enerxi´a eo´lica e´ fundamental, mais ten que estar ben ordenada e obedecer a criterios sociais do contrario acabara´ debilitando espazos con grande potencial en beneficio das grandes multinacionais enerxe´ticas.

Onde atopamos a mellor posta de sol?

A mellor posta de sol vese dende o Miradoiro do Castro de Santa Irene no litoral Carballe´s, un lugar fanta´stico. Ga´rdame o segredo.

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebra os éxitos do sector turístico durante o ...

O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edicion deste Encontro que cada ano reúne a...

A CMAT presentará a súa nova páxina web durante o IV En...

ZAS, 07/11/2024. Costa da Morte Asociación Turistíca (CMAT) presentará un novo sitio web (visitacostadamorte.com ) duran...

Dous fotógrafos da Costa da Morte, entre o xurado do I ...

Lorena Mariño, Diego Alonso e María Lema decidirán entre máis de corenta fotografías a gañadora do I Concurso Fotográfic...

A CMAT premiará aos gañadores do I Concurso Fotográfico...

O premio, que consistirá nunha noite para dúas persoas e unha experiencia gastronómica, será entregado tanto á persoa ga...

Bieito Romero, embaixador da Costa da Morte

A Xunta Directiva da CMAT acordou entregar este recoñecemento durante a IV edición do Encontro de Turismo da Costa da Mo...

Concurso Fotográfico 2024

Bases Legais do I Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe 1. Obxectivo do concurso O obxectivo no...

Actividades de Verán na Costa da Morte 2024

Por fin comezou o verán na Costa da Morte. Un momento do ano no que moitas persoas deciden visitar este fantástico terri...

A CMAT organiza un itinerario con catro blogueiros de v...

ZAS, 23/08/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza esta actividade de promoción turística na que ...

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para alb...

ZAS, 03/09/2024. A CMAT abre o prazo de presentación de candidaturas para acoller o Encontro de Turismo Anual da Co...

Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen présa:...

ZAS, 05/09/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convidou a catro blogueiros de viaxe a percorrer divers...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg