PRG-142 Ruta das cascadas. Carballo

Carballo

Saber máis sobre PRG-142 Ruta das cascadas. Carballo

  • Percorrido: Lineal
  • Punto de partida/chegada: Brea – Entrecruces (Carballo)
  • Lonxitude: 18,6 km (ida)
  • Duración aproximada (ida e volta): 8 h.
  • Dificultade: Fácil

Empezamos esta ruta ás afóras de Carballo, en Brea, lugar con fama polos seus panadeiros e panadeiras.
Está sinalizada e tamén habilitada para realizar en BBT.

Este trazado nos descubre o Carballo menos coñecido, o interior, repleto de montes e valles que van conformando a paisaxe.
Polos sendeiros que forman parte desta ruta descubriremos tamén a vexetación autóctona e de ribeira.
Se escollemos unha das variantes do camiño, chegaremos ao pazo barroco de Vilardefrancos, cuxa torre foi levantada na época dos reis Católicos.
Neste lugar tamén atopamos un das árbores máis antigos de Galicia: o carballo de Santo Antón con máis de 500 anos de vida.

Ademais, ao final do camiño atoparemos tamén a igrexa de San Paio de Entrecruces, cunha bóveda de cruzaría gótica que nos remonta a tempos medievais.
Outras construcións de interese que descubriremos neste sendeiro son as igrexas barrocas de Ardaña, a de Entrecruces e a de Santa María de Rus.
Esta última é a máis importante desde o punto de vista artístico.
Recomendamos subir ao alto da Peniqueira, no que a elevación que observamos delata a un antigo castro.

Os dous lugares máis espectaculares que atopamos na ruta son, como o seu nome indica, as cascadas de Ramíl, menos alta e caudalosa, e a de Entrecruces, un espectáculo sobre todo en épocas de maior cantidade de auga.

É neste punto onde daremos por finalizada a ruta.
Un lugar onde o río Outón, a unha altura de 40 metros, precípitase ao baleiro.
Ademais, nos arredores de Entrecruces poderemos atopar restos de antigos moliños e dunha vella central hidroeléctrica que durante un tempo abasteceu enerxéticamente a Carballo.

Trátase dunha ruta totalmente integrada na natureza do contorno, a través da cal poderemos desfrutar dunha paisaxe única conformada pola auga e a vexetación autóctona.
Ademais, descubriremos a cara menos coñecida de Carballo e igual de atractiva.

Debemos completar a nosa xornada en Carballo explorando a vila mentres descubrimos os grandes murais que conforman o proxecto “Derrubando Muros con Pintura”.
Outra visita obrigada está no contorno de Razo e a praia e marisma de Baldaio onde atoparemos un dos ecosistemas máis ricos de Galicia e da Costa da Morte.

Unha xornada onde descubrir as tres caras de Carballo tan diferentes e complementarias: a interior, a urbana e a costeira.

Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Ruta Vierio Fidalgo. Vimianzo

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Igrexa de San Pedro de Berdoias Longitud: 9 kms...

Museo Aberto de Carnota

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Rieiro – Miñarzo (Carnota) Longitud: 13 km (ida) Duraci...

Ruta Muxía – Os Muíños

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Punta da Cruz. Paseo Marítimo de Muxía Lonxitude: 9,...

Ruta das cascadas. Mazaricos

O concello de Mazaricos realiza unha proposta de rutas para coñecer cinco cascadas no contorno das c...

PR-G 70 Punta Insua. Laxe

Percorrido: Circular Punto de partida/llegada: Laxe Lonxitude: 4,6 km. Duración aproximada (ida e ...

Ruta Sendas do Mar De Razo a Baldaio

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Razo. Praia de Baldaio Lonxitude: 5,5 km Dura...

O Monte Pindo. Follas da historia. Dumbría

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Aldea de Fieiro / A Moa Lonxitude: 4,00 km (ida) Duraci...

Ruta de Corcubión ao faro de Cee

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Villa de Corcubión Lonxitude: 3,83 km (ida) Duración ap...

Ruta Ponte da Garda a Saimia

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Área recreativa de Garda Lonxitude: 0,8 km Duración apr...

Polos dólmenes de Soneira e Bergantiños

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS da Ruta polos dólmenes de Soneira e Bergantiños: Kilómetros totais: 43 ki...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.