PRG148 Ponteceso

Ponteceso

Saber máis sobre PRG148 Ponteceso

  • Percorrido: Lineal
  • Punto de partida/chegada: Casa natal de Eduardo Pondal / Porto de Corme
  • Lonxitude: 11,1 km
  • Duración aproximada (ida e volta): 6 horas
  • Dificultade: Moderada

Esta ruta de sendeirismo parte do centro de Ponteceso xusto fronte á casa natal do poeta Eduardo Pondal, seguindo a desembocadura do río Anllóns polo paseo fluvial e polo malecón do Couto ata a ensenada da Insua.

Un primeiro tramo camiñando en medio do estuario, un lugar de alto valor ecolóxico declarado Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) da Rede Natura 2000.

Ao final das pasarelas do malecón podemos continuar bordoando a ensenada, onde atoparemos un observatorio ornitolóxico case enfronte da illa dos Cagallóns ou elixir unha senda alternativa ata a cume do Monte Blanco e desfrutar coas súas amplas vistas sobre o estuario e o océano.
Se decidimos realizar o percorrido de ida e volta, a subida ao monte pode ser unha boa opción para o regreso.

Na praia de Balarés atopamos unha gran área recreativa á sombra dun frondoso pinar.
Un lugar ideal para descansar e, se facemos o percorrido no verán, deixarse sorprender polo animado ambiente do seu chiringuito.
Nesta praia atopábase antigamente unha mina de titanio e era o punto de saída de wolframio procedente do cercano monte Neme.

A ruta continúa cara á praia da Ermida pasando antes polo monumento coñecido como Pedra da Serpe.
Bordeamos as praias de Osmo e A Arnela ata o pobo de Corme onde se percibe o seu ambiente mariñeiro e atopamos múltiples referencias ao seu produto estrela: o percebe.

Aínda que estemos no final da ruta e podemos iniciar o camiño de regreso ata Pontedeume, temos a alternativa de realizar un último esforzo bordeando o mar ata o cabo Roncudo.
Un lugar emblemático na Costa da Morte para ver onde crecen os percebes máis afamados e comprobar a perigosidade do oficio dos percebeiros.
Unha imaxe espectacular destes homes, e algunhas mulleres, de mar desafiando aos elementos.

Como complemento, e para acabar de descubrir máis lugares de Ponteceso, podemos continuar explorando a súa custa cara ao norte: a ensenada da Barda, o porto de Santa Mariña coas súas casetas de pescadores, a praia de Nenóns e o monte Faro.
Neste lugar, xunto á capela da virxe do mesmo nome, hai un monumento ao Sagrado Corazón de Jesús de 39 m.
de altura cunha escaleira interior de 133 escalóns.
Unha vez arriba desfrutaremos dun momento cume na nosa visita a Ponteceso cunhas vistas espectaculares desde un lugar sorprendente.

Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Ruta Muxía – Os Muíños

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Punta da Cruz. Paseo Marítimo de Muxía Lonxitude: 9,...

Derrubando muros con Pintura. Carballo

Derribando Muros con Pintura é unha iniciativa de arte urbano que está convertendo a Carballo nun au...

Ruta Vierio Fidalgo. Vimianzo

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Igrexa de San Pedro de Berdoias Longitud: 9 kms...

Ruta da Insua (RC-1) – Camariñas

Percorrido: circular Punto de partida/chegada: Praia do Ariño (Camariñas) Lonxitude: 3,5 km. Duració...

Arqueoloxica de Borneiro

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Castro A Cidá de Borneiro Longitud: 10 km Duración ap...

PRG-142 Ruta das cascadas. Carballo

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Brea – Entrecruces (Carballo) Lonxitude: 18,6 km (ida) ...

Ruta da Auga. Zas

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Ponte do Sisto (Zas) Lonxitude: 10 km. Duración aprox...

Ruta dos piñeiros no mar. Malpica

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Capella das Neves ou Santo Antón-Praia As Torradas Long...

Ruta de Corcubión ao faro de Cee

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Villa de Corcubión Lonxitude: 3,83 km (ida) Duración ap...

Ruta pola Armada

A Ruta pola Armada é unha pequena andaina chea de significado que coincide co tramo de entrada do Ca...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.