Únete ao novo canal de Telegram da Costa da Morte

Descubre todas as posibilidades do noso novo canle de Telegram @costadamorteturismo! Unha ventá aberta á Costa da Morte onde atoparás noticias, eventos, artigos do blog e moito máis para vivir intensamente a esencia desta marabillosa terra. Únete agora e mantente conectado co mellor do noso destino!
Telegram da Costa da Morte

Descubre unha nova forma de estar conectado coa Costa da Morte a través de Telegram, unha app de mensaxería que é moito máis que iso. Grazas aos seus canais, podes recibir información actualizada directamente no teu móbil, sen interrupcións e de maneira sinxela. O canal @costadamorteturismo, creado pola CMAT e mantido por WP Nordés, é o novo punto de encontro para todos os que aman este destino único.

Que é un canal de Telegram?

Os canais de Telegram son espazos onde as persoas poden acceder a contido informativo sen necesidade de responder ou interactuar. Funcionan como un boletín dixital, ofrecendo actualizacións organizadas e de fácil acceso. Ideal para estar ao día sen saturarse de notificacións.

Por que unirte a @costadamorteturismo?

No noso canal atoparás:

  • Noticias de interese sobre a Costa da Morte: Mantente ao día das últimas novidades desta fermosa rexión.
  • Actividades e novidades da CMAT: Descubre proxectos e iniciativas que estamos desenvolvendo.
  • Calendarios de eventos destacados: Non perdas ningunha das festividades e citas culturais da zona.
  • Entrevistas con protagonistas da nosa cultura: Coñece as historias e persoas que fan especial a Costa da Morte.
  • Artigos do blog: Explora recunchos fascinantes e curiosidades históricas que che farán namorar aínda máis deste destino.

Como unirte?

Descarga a app de Telegram aquí: 👉 Descargar Telegram
E accede directamente ao noso canal: 👉 @costadamorteturismo.

Únete á comunidade e descobre todo o que a Costa da Morte ten para ofrecer!

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.