Surf, kaiak, zumba, fútbol e campamentos para un veran cheo de actividade deportiva en Malpica

Surf kayak zumba futbol y campamentos para un verano lleno de actividad deportiva en malpica

As nenas e os nenos de Malpica non pararán un minuto este verán, porque xa desde finais deste mes e ata o final de agosto poden participar nun feixe de actividades organizadas pola Concellaría de Deportes coa colaboración de entidades e empresas.

A primeira cita será do 27 ao 29 deste mes, datas previstas para o xa tradicional curso de surf que organiza o club Silfo para nenas e nenos de 8 a 16 anos, e que soe ter unha altísima participación. E practicamente a continuación comezará o curso de kaiak promovido polo Club Náutico para maiores de 9 anos, xa que este ano levará a cabo do 2 a 4 de xullo.

Do 4 a 6 está prevista unha saída de aventura a Asturias, unha das actividades organizadas a través da Asociación Deportiva Costa Bergantiñá, da que forman parte os concellos de Cabana, Laxe, Ponteceso, Coristanco e Malpica. Esta actividade, que inclúe descenso do Sela en piragua ou senda do oso en bicicleta, entre outras propostas, ve destinada a nenos e nenas nacidos entre os anos 2001 e 2007.

Para xullo a oferta é moito máis ampla, xa que do 9 ao 13 desenvolverase o Campamento Deportivo Costa Bergantiñá para nenas e nenos nados entre os anos 2004 e 2011, e do 16 ao 20 celebrarase o Campus de Fútbol Costa Bergantiñá, para nenas e nenos nados entre o 2006 e o 2011. Durante o mes de agosto desenvolverase o Torneo de Fútbol Praia e Fútbol sala Infantil, para nenas e nenos de entre os anos 2003 e 2011, e todos os martes e xoves de 12.00 a 13.00 horas tamén haberá zumba praia para toda as idades, sen límite e sen cotas.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT reúne en Dombate os responsables municipais de t...

O Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños, acolleu este xoves 12 de novembro unha xuntanza da CMAT – Costa da Morte ...

A CMAT propón oito experiencias guiadas para descubrir ...

Este ano, a CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo busca completar a súa proposta de dinamización turística coa org...

A CMAT e Turismo de Galicia avanzan na creación dunha r...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo, en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia, está a impulsar a instala...

Xosé Ameixeiras nomeado IV Embaixador da Costa da Morte

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) vén de anunciar que Xosé Ameixeiras, delegado de La Voz de Galicia en Carb...

A Deputación e a CMAT revisan os avances do Parque do M...

A Deputación da Coruña e a CMAT mantiveron un encontro para coñecer de primeira man en que punto se atopa o Parque do Me...

O Encontro de Turismo da Costa da Morte volve ao Parado...

A CMAT escolleu o Parador Costa da Morte, en Muxía, como sede do VI Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebr...

A CMAT busca sede para o VI Encontro de Turismo da Cost...

Un ano máis, esta cita reunirá representantes dos 17 concellos da CMAT, empresas turísticas, entidades colaboradoras, pr...

A CMAT continúa coas reunións presenciais nos concellos...

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) retomou esta semana as reunións presenciais nos concellos que non forman p...

Costa da Morte Runner: un videoxogo para descubrir o te...

A Costa da Morte xa conta cun videoxogo propio. Costa da Morte Runner é unha nova proposta dixital que convida a percorr...

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.