Novas

CMAT, Costa da Morte Turismo

Tódolos artigos de Novas

Reunión Directiva CMAT 11 de agosto de 2025 foto

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira reunión na Laracha e define as prioridades para os vindeiros meses

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou a súa primeira reunión en A Laracha, actual sede da presidencia, para marcar as prioridades e liñas de traballo que guiarán a súa acción nos vindeiros meses, cun claro compromiso coa promoción, preservación e desenvolvemento sostible da Costa da Morte.

Evento CMAT Sigted

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e servizos turísticos ao SICTED da Costa da Morte

A CMAT abre o prazo de adhesión ao proxecto SICTED Costa da Morte: as empresas e servizos turísticos interesados ​​poden rexistrarse de balde ata o 20 de xullo. A iniciativa ofrece formación, asesoramento técnico e a certificación oficial “Compromiso coa Calidade Turística”, co obxectivo de mellorar a competitividade do destino e garantir unha experiencia de calidade para o visitante.

Presentación web Costa da Morte e guía

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa da Morte” e a dixitalización do libro A Costa da Morte, Confín de Europa

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) presentou este 2 de xuño no Parador da Costa da Morte, en Muxía, dúas iniciativas clave para a promoción do destino: a nova web oficial turística e a dixitalización do libro Costa da Morte, Confín de Europa. O acto contou coa presenza da Deputación da Coruña, Turismo de Galicia e representantes municipais e profesionais do sector turístico.

Segunda jornada de la directiva de la CMAT en Uribe

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na comarca de Uribe 

A CMAT vén de realizar unha viaxe institucional á comarca de Uribe (Bizkaia) para coñecer de primeira man boas prácticas en xestión turística sostible. Durante dous días, representantes da asociación participaron en visitas técnicas, encontros institucionais e reunións con profesionais do sector, obtendo ideas valiosas que poden aplicarse no noso territorio para mellorar a calidade e competitividade do destino Costa da Morte.

Segunda jornada de la directiva de la CMAT en Uribe

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística durante a súa segunda xornada en Uribe

A CMAT continúa a súa visita de intercambio na comarca de Uribe cunha segunda xornada centrada na xestión sostible e a cooperación público-privada. A visita incluíu Gaztelugatxe, o Camiño de Santiago en Larrabetzu e unha reunión con representantes da Deputación de Bizkaia, así como un encontro con empresarios locais. A experiencia achegou novas ideas e perspectivas para aplicar na Costa da Morte.

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.