Os pinchos irmandiños, o bolo do pote e a empanada de Carballo protagonistas da proposta gastronómica da Deputación de A Coruña no Xantar 2019.

Los pinchos irmandinos bolo do pote y la empanada de carballo protagonistas de la propuesta gastronomica de la deputacion de a coruna en xantar 2019 1549515897

A área de Turismo da Deputación da Coruña participa no 20º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, cunha mostra da riqueza gastronómica dos concellos, un espazo propio na feira ou a elaboración ao vivo nos showcookings. Os pinchos irmandiños de Vimianzo, o bolo do pote de Mazaricos, o polbo á mugardesa, o pan e a empanada de Carballo ou as filloas de Zas son algúns dos produtos que fan ao territorio da Coruña “referencia de turismo gastronómico”.

A Deputación da Coruña ten unha presenza activa no Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que este ano chega a súa vixésima edición e, como en anteriores edicións, desde a área de Turismo convidouse aos concellos da provincia a participar no programa e ter presenza no stand propio que permanecerá aberto dos días 6 a 10 en que se desenvolven a feira. 

Ao longo de todas as xornadas, o espazo da Deputación da Coruña ofrecerá degustación de produtos dos concellos ademais de información sobre festas e produtos gastronómicos. Ademais, o programa de showcooking -elaboracións e catas ao vivo- acollerá nesta edición a preparación dos pinchos irmandiños de Vimianzo, o bolo do pote de Mazaricos, ou o polbo á mugardesa, e as degustacións de conservas, tortilla romana ou ceviche de raia de Muros-Noia, o pan e a empanada de Carballo ou o queixo da Capela, entre outros.

“Xantar converteuse nun escaparate privilexiado de  turismo gastronómico no que a presenza dos concellos da Coruña supón xa un referente no sector”, destaca o deputado de Turismo e Patrimonio, Xosé Regueira para quen a riqueza gastronómica supón ” un importante atractivo para o turismo e unha chamada a que nos visiten e coñezan o territorio”.

A Deputación da Coruña achega a Xantar tamén información das máis dun cento de festas gastronómicas que se conmemoran nas dezaoito comarcas da provincia. O deputado de Turismo, Xosé Regueira, destacou que Xantar “representa unha interesante oportunidade para promover as propostas gastronómicas dos nosos concellos” e destacou o impacto de participación na única feira de turismo gastronómico galega que destaca “unha das nosas fortalezas turísticas que é o produto de calidade e a elaboración da nosa gastronomía que aposta tamén por unha maneira distinta de promocionar a nosa oferta turística”.

 

O 20º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, ten lugar en Ourense entre o 6 e o 10 de febreiro e nas últimas edicións superou as vinte mil persoas visitantes. Nesta edición, Brasil, e concretamente Foz de Iguazú, onde están as famosas cataratas e segundo destino escollido polo turismo que chega a territorio brasileiro, é o país convidado de Xantar.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.