A Asociación de Turismo da Costa da Morte organiza en Dombate unha xornada sobre a contaminación luminosa

O evento celebrarase o mércores 12 de xuño a partir das 19:30 horas no Centro de Interpretación do Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños.
Contaminacion luminica dombate cmat es 1717082606

ZAS, 03/06/2024. A Asociación de Turismo da Costa da Morte (CMAT) organiza, coa colaboración do Concello de Cabana de Bergantiños e o apoio da Deputación da Coruña, unha xornada informativa para concienciar sobre o problema da contaminación luminosa. O evento celebrarase entre as 19:30 e as 21 horas do mércores 12 de xuño no Centro de Interpretación do Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños.

Presentacións, casos prácticos e mesa redonda

O evento contará con diferentes relatorios para contextualizar sobre a problemática e expoñer casos prácticos de medidas que poden axudar a reducir a contaminación luminosa. Durante o acto, participarán persoas de renome no eido como Susana Malón, CEO de Lumínica Ambiental; Jorge Mira, Catedrático de Física Aplicada da USC; ou Jesús Andrés Castellot, Responsable de Servizos Enerxéticos da empresa Ingesan.

Para finalizar a xornada, farase unha mesa redonda sobre as oportunidades que o Astroturismo ofrece para a Costa da Morte como Destino Starlight, na que participarán o propio Jorge Mira; Marta Rodríguez, da Secretaría técnica da CMAT e José Muíño, Alcalde de Cabana de Bergantiños.
Ao rematar a xornada, haberá un pequeno cóctel que servirá como espazo para o intercambio de ideas entre asistentes e persoas participantes.

O Astroturismo, unha gran oportunidade para a Costa da Morte

Este evento, organizado para alcaldes e persoal convidado polos concellos, enmárcase dentro dun ano importante para a Costa da Morte como Destino Starlight, xa que será a sede do VII Encontro Internacional Starlight organizado pola Fundación Starlight. Será unha oportunidade para seguir achegando información sobre as oportunidades e os retos do Astroturismo.

PROGRAMA DA XORNADA SOBRE CONTAMINACIÓN LUMINOSA

Mércores 12 de xuño de 2024, ás 19:30h no Centro de Interpretación, Dolmen de Dombate; C.P 15119. Concello de Cabana de Bergantiños. A Coruña

  • 19:30h Acomodo dos participantes, relatores, etc.
  • 19:45h Benvida e presentación da xornada por parte de D. Manuel Muíño, Presidente da Costa da Morte Asociación Turística CMAT (5 mins)
  • 19:50h Contextualización da xornada por parte de D. Jorge Mira, Catedrático de Física Aplicada da USC (10 mins)
  • 20:00h Casos prácticos e alumeado sostible, por parte de Dna. Susana Malón, CEO de Lumínica Ambiental (15 mins)
  • 20:15h Proxectos de alumeado público, xestión e financiamento, por parte de Jesús Andrés Castellot, Responsable de Servizos Enerxéticos da empresa Ingesan (15 mins)
  • 20:30h Mesa redonda “Costa da Morte, Destino Starlight. Oportunidades para o Astroturismo” (15 mins). Participan:
    • D. Jorge Mira, Catedrático de Física Aplicada da USC
    • Dna. Marta Rodríguez, da Secretaría Técnica da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT)
    • D. José Muíño, Alcalde de Cabana de Bergantiños
  • 20:45h Peche da xornada por parte de D. José Muíño Domínguez
  • 21:00h Cóctel e intercambio de ideas

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.