Actividades formativas de balde para os profesionais do sector turístico en Costa da Morte

actividades formativas

Dentro do marco das axudas da Deputación da Coruña 2019 estanse a organizar diferentes proxectos e actividades que buscan acadar unha maior competitividade do sector turístico na zona. Un ano máis, na Costa da Morte contémplase o desenvolvemento dun Programa Formativo gratuíto para profesionais, de cara á especialización do destino en tres piares fundamentais do turismo: inglés, marketing e gastronomía.

Entre setembro e decembro, grandes profesionais impartirán os seguintes módulos en formato de cursos e xornadas formativas de balde (previa inscrición).

 

  • Octopus to the party será a encargada de impartir o curso de Inglés básico e medio aplicado a hostalaría e aos informadores turísticos.
    • De que vai? Adquisición de destrezas prácticas na comunicación en inglés orientadas á atención de visitantes. Haberá dous módulos, un para informadores turísticos e persoal de concellos e outro para traballadores de aloxamentos e hostelaría.
    • Cando? Martes e xoves entre o 15 de outubro e o 7 de novembro.
    • Onde? Fórum Carballo.

 

  • Acerta Formación impartirá a formación sobre mellora da competitividade en gastronomía local.
    • De que tratará? Profesionais de diferentes ámbitos introducirán aos participantes nas súas especialidades: repostería creativa, coctelería, barista e uso de produtos do mar locais.
    • Cando? Entre o 30 de setembro e o 25 de novembro.
    • Onde? Fórum Carballo

 

  • Entorno Anfibio será a encargada de impartir o módulo formativo sobre marketing online para destinos turísticos e deseño de programas culturais.
    • De que vai? trataranse aspectos que van dende a atención a persoas con necesidades especiais en espazos de interese patrimonial ata analítica web e redes sociais.
    • Cando? Entre o 18 e o 22 de novembro de xeito presencial e do 23 ao 30 no módulo online.
    • Onde? Centro Sociocultural de Baio (Zas)

 

Os prazos e procedemento para inscribirse nos módulos formativos están especificados no propio programa.

A CMAT segue traballando nas liñas de acción do Plan de Acción para o Turismo da Costa da Morte 2019-2021, nas que se contemplaron as necesidades formativas do sector turístico para acadar un desenvolvemento turístico sostible.

Consulte aquí o programa

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg