A Deputación da Coruña apoia a Costa da Morte como destino turístico de calidade

La diputacion de a coruna apoya a costa da morte como destino turistico de calidad 1536225240

A Costa da Morte é un xeodestino de especial interese para a Deputación da Coruña e iso ficou á vista na intervención do deputado de Turismo, Xosé Regueira, nas xornadas organizadas polo Grupo Desenvolvemento Rural Costa da Morte que se desenvolven en Vimianzo e Malpica de Bergantiños. 

Xunto coas liñas coas que a Deputación da Coruña está a apoiar o desenvolvemento turístico do xeodestino da Costa da Morte, o deputado de Turismo, Xosé Regueira, anunciou na súa intervención nas xornadas “Xeodestino Costa da Morte. Presente e Futuro” novas iniciativas encamiñadas a promover o turismo de calidade como son as importantes achegas para a ruta BTT, o Xeoparque de Ortegal ou o Camiño Fisterra Muxía. 

“A Costa da Morte é un territorio moi rico en recursos que está a ser xa recoñecido nos mercados emisores cando se fala de Galiza. Sendo un destino emerxente, comeza a ter xa unha grande relevancia no ámbito e a Deputación da Coruña confía nesa potencialidade co apoio efectivo en investimentos e recursos”, explicou Xosé Regueira que participou no panel de apoios e desenvolvemento turístico xunto coa Xefa de Área de Calidade e Proxectos Europeos de Turismo de Galicia, Laura González-Dopeso e o xerente da Asociación Costa da Morte-GDR, José Antonio Vila Garcia. 

 

Novas iniciativas de impulso 

Xunto ás liñas de concorrencia competitiva que o departamento de Turismo convoca cada ano para concellos e entidades, a Costa da Morte verase beneficiada de novas iniciativas de impulso como son a posta en marcha Parque de Megalitismo da Costa da Morte ao que a Deputación da Coruña destina 500.000 euros ou a consignación de 230.000 euros para desenvolver os 600 quilómetros da Ruta BTT da Costa da Morte. A próxima constitución da mesa de coordinación do Camiño Fisterra-Muxía abrirá unha nova etapa para unha ruta á que a Deputación da Coruña destinará 500.000 euros co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e a conservación. 

O deputado de Turismo lembrou o esforzo da institución por camiñar cara a profesionalización do sector e a calidade de ofertas, a través de liñas de axuda como a de informadores turísticos ás que destina cada ano 800.000 euros e que permite ter abertas na Costa da Morte catorce oficinas para que se asinan outros tantos contratos laborais de persoal especializado. Ademais, do total dos 750.000 destinados a entes de xestión, a Costa da Morte recibe 90.000 euros para o financiamento de CMAT e Asociación de Empresarios de Camariñas. A profesionalización e contratación de persoal complétase coa liña de atención a museos e centros de interpretación que permite a mellora da información sobre o territorio e o patrimonio. 

Fixo fincapé tamén Xosé Regueira en que o territorio da Costa da Morte conta cun dos produtos turístico que máis interese está a espertar como é o Camiño dos Faros para o que a Deputación da Coruña asinou un convenio de 80.000 euros nun recurso que foi tamén protagonista da presentación no programa da institución en Fitur. 

O territorio da Costa da Morte é privilexiado en canto presenza de bens patrimoniais da Deputación da Coruña que xestionan os propios concellos despois de asinar convenios que contan co apoio económico da institución provincial. Neste sentido, a Deputación achega ao concello de Vimianzo 100.000 euros para a xestión do Castelo e os Batáns de Mosquetín de Vimianzo, 46.596 ao concello de Zas polas Torres do Allo, 60.000 ao concello de Cabana de Bergantiños polo Dolmen de Dombate e outros 60.000 a Malpica de Bergantiños polo Forno do Forte de Buño. Dous eventos de especial interese da comarca como son a Mostra do Encaixe e o Salón Naútico reciben 250.000 euros máis que contribúen tamén a incrementar a oferta turística da Costa da Morte. 

“A riqueza patrimonial e paisaxística tanto natural como artística do territorio ademais da singularidade dos propios recursos fan que a Costa da Morte sexa un destino especialmente buscado por persoas que desexan coñecer lugares especiais e desde a Deputación da Coruña promovemos que esa riqueza continúe a ser un dos nosos tesouros turísticos”, sinalou Xosé Regueira.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.