RUTA DA AUGA DE ZAS, NATUREZA EN CONCERTO

Déixate levar por Zas a través de “RUTA DA AUGA DE ZAS, NATUREZA EN CONCERTO”. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista: fíxate en naturaleza.
75. Fervenza do pozo da Forca

En Galicia proliferan as paisaxes nas que a auga doce é protagonista e cada vez teñen un maior atractivo as rutas de sendeirismo que se trazan polas beiras de ríos e regatos, polas acolledoras paisaxes que se forman nestes espazos. A Ruta da auga de Zas é unha delas. Presenta unhas condicións inmellorables en todos os elementos que configuran estes lugares naturais: auga, vexetación, fauna, paisaxe, compoñentes culturais e un ambiente idóneo para a desconexión.

Sitúase este itinerario na cabeceira do río do Porto, a principal arteria fluvial da Terra de Soneira. Trátase dunha ruta de sendeirismo homologada (PR-G250) de tipo circular duns 10 km. As fervenzas son o seu maior atractivo, pero tamén resulta de interese a vexetación e a fauna coa que nos atopamos, os muíños de auga ou a arquitectura tradicional dos núcleos polos que pasamos. Convén tamén prestar atención á musicalidade que nos ofrece a auga en diferentes momentos do percorrido.

Iníciase a ruta na ponte do Sisto, moi preto da aldea do mesmo nome. No primeiro tramo xa nos atopamos con varios muíños, construcións abundantes na cabeceira do río do Porto, tanto no brazo de Parga, considerado como principal, coma no de Budián, xa que os dous teñen unha canle con acusada pendente. Andando un quilómetro o camiño bifúrcase, nós tomaremos o da esquerda que leva a Budián. Neste núcleo, onde contemplaremos algún hórreo interesante, seguimos a senda que se dirixe á Fervenza, un dos grandes atractivos deste itinerario. Unha vez alí, o son envolvente da auga manteranos uns minutos absortos, ollando para este sensacional espectáculo da natureza. A fondura do pozo no que cae a auga deu orixe á lenda de que nel hai unha grade de ouro, como sucede no da Forca, en Riobó.

Xa de volta, tomaremos o camiño cara a Parga, a seguinte aldea que encontramos nesta camiñada. Nela tamén atopamos algunha construción interesante de arquitectura popular. Cruzado o lugar, e despois de pasar un muíño e os restos dun batán, chegamos á fervenza de Parga, de menor altura que a anterior, pero con maior amplitude.

O camiño segue costento en dirección ao Rabiñoso. As augas do río continúan cantareiras pola pronunciada pendente da súa canle, dando chimpos cada vez máis grandes e enfiando unha serie de fervenzas ata chegar á pontella do antigo camiño de Moucos a Vilar Ramilo, hoxe substituído por unha estrada.

O Rabiñoso é un dos sitios máis fermosos do río do Porto, a menos de catro quilómetros do seu nacemento. As fervenzas encadeadas ao longo de máis de 100 m, os muíños das beiras, o bosque de ribeira e a pontella antiga, forman un conxunto natural, arquitectónico e etnográfico digno de admirar e protexer.

Galería de fotos de RUTA DA AUGA DE ZAS, NATUREZA EN CONCERTO

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

DOLMEN DE DOMBATE, CATEDRAL DO MEGALITISMO GALEGO

A cultura megalítica representa un dos maiores símbolos de identidade da Costa da Morte. Ao longo do seu territorio hai ...

MUXÍA, A BARCA QUE NAVEGA RUMBO NORTE

O poeta Gonzalo López Abente (1878-1963) consideraba a súa Muxía natal como estática, “deitada” na ribeira, silenciosa e...

RAZO-BALDAIO, MODELO DE DIVERSIDADE AMBIENTAL

En poucos lugares da costa galega hai unha área natural con tanta diversidade como neste espazo litoral carballés, no qu...

FARO VILAN, O CICLOPE QUE LOSTREGA CADA NOITE

Nun tempo no que ningún núcleo costeiro da contorna dispoñía de luz eléctrica, o resplandor da luz do faro Vilán producí...

A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES, SINFONÍA PARA OS SENTIDOS

A natureza agasallou a San Paio de Entrecruces unha obra tan extraordinaria capaz de conmover a cada un dos visitantes q...

Historias y leyendas marineras de la Costa da Morte: mi...

La Costa da Morte es mucho más que un destino de naturaleza salvaje y playas infinitas. Su historia está vinculada al ma...

FERVENZA DO ÉZARO, ESPLENDOROSO ESPECTÁCULO NATURAL

O río Xallas, que leva o nome da comarca que atravesa, ten as súas primeiras fontes na ladeira occidental do monte Caste...

ENSEADA DA INSUA, RESERVA ORNITOLÓXICA

Ao longo da Costa da Morte dispoñemos de moitos espazos que nos ofrecen a posibilidade de gozar da natureza a nivel pais...

VAL DO RÍO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE

O val do río Beba sitúase entre os montes da Ruña e unha pequena lomba que o separa do val de Mazaricos. Representa unha...

CASTRO “A CIDÁ ”, A VIDA NUNHA ALDEA DA PREHISTORIA

O castro “A Cidá” de Borneiro (Cabana de Bergantiños), situado preto do dolmen de Dombate, representa unha excelente mos...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Martes
    13
    Outubro

    Festas do Cristo 2026 ...

    Do 10 ao 13 de outubro de 2026, O Pindo, Quilmas e Curra celebran as F...

  • Martes
    13
    Outubro

    Oficina Móbil de Retor...

    A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia estará en Muxía o marte...

  • Martes
    13
    Outubro

    Celso Fernández Sanmar...

    A XIII edición de O Mes da Fundación 2026 inclúe unha sesión de narrac...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.