Onde atopar grafitis, murais e arte da rúa na Costa da Morte?

Corme Mural

Pregúntaste onde atopar grafitis, murais e arte urbano en xeral na Costa da Morte? Pois estás de sorte, porque practicamente nos 17 concellos que forman este territorio poderás atopar arte. Tanto en forma de artesanía tradicional, como elementos máis vangardistas.

Costa da Morte, unha rexión situada no noroeste de Galicia, España, é famosa pola súa dramática beleza natural: penedos que se mergullan no Atlántico, faros impoñentes, praias desertas e paisaxes agrestes.

Non obstante, máis alá da súa natureza salvaxe, a Costa da Morte tamén foi testemuña dun renacemento artístico nos últimos anos grazas ao auge do arte urbano e os murais.


Este fenómeno converteu a varios dos seus concellos en galerías ao aire libre, onde a creatividade, a cultura local e o respecto pola tradición combínanse coas técnicas máis innovadoras.

Hai un concello que non só fixo dos murais a súa seña de identidade, senón que tamén celebra cada primavera un festival no que moitos artistas se dan cita para pintar ao vivo.

Queres saber máis? Pois imos entrar en detalles!

Corme Mural

Mención especial a Yoseba MP

Este artista urbano é un dos que máis murais pintou na Costa da Morte e tamén fóra das súas fronteiras. Son moitas as obras que adornan as paredes de moitos dos nosos pobos, como é o caso de Baio, Malpica… Cando as vexas, sabrás que son del.

Especialmente a súa colección de “súper avoas”. Nestes murais o foco está sempre en mulleres rurais que loitaron na súa vida e preséntanas con algo característico, pero sempre con detalles moi humanos. Poderás atopar algúns destes murais en Carballo, no Couto ou en Muxía.

Vimianzo: máis mulleres rurais e festa

Na Praza do Concello tamén atoparás un homenaxe á muller rural, ao tempo que se destaca o paisaxe do Val de Soneira. Tamén atoparás nas paredes deste pobo un tributo á súa festa do “Asalto ao Castelo” que non se trata exclusivamente dunha festa medieval, senón que reivindica a identidade irmandiña. Unha loita que continúa.

Muxía, o mar na terra

Como adiantábamos, aquí temos unha súper avoa: “A ninja Claudina e a raspa dourada”. Unha muller que dedicou cincuenta anos da súa vida a ser percebeira. Un traballo moi perigoso e polo que Claudina xa ten o seu homenaxe no seu pobo.

Pero no porto de Muxía non atoparemos só este mural, senón que hai moitos máis murais relacionados co mar e as loitas sociais asociadas ao mesmo.

Carnota e o apóstolo

Na zona máis sur da Costa da Morte segue a haber murais. Concretamente, no porto de Portocubelo atoparémonos cun que ocupa máis de 50 metros: “Misterio e lenda no camiño”.

Este mural aspira a transmitir os valores locais e do Camiño de Santiago pola Costa.

Dumbría e o Vákner

Continuando co “Arte no Camiño”, atopamos en Dumbría a conexión do Camiño de Santiago coa lenda do Vákner. Esta lenda conta que o Vákner, que se trata dunha figura entre home e lobo, aparecíase no medio do monte aos peregrinos que facían o Camiño a través deste concello.

Fisterra: fin do Camiño

O Camiño chega a Fisterra para ver a obra “Camiñantes”. Este mural fai referencia á diversidade de persoas que fan o Camiño.

Derrubando muros con pintura e Rexenera Fest

Derrubando muros con pintura e Rexenera Fest Como indicábamos ao principio do artigo, hai un concello que non só fixo dos murais a súa seña de identidade, senón que tamén celebra cada primavera un festival no que moitos artistas se dan cita para pintar ao vivo. Este concello é Carballo, a iniciativa “Derrubando muros con pintura” e o festival, “Rexenera Fest”.

Desde 2013, Derrubando muros con pintura busca mellorar e embellecer o pobo pintando paredes, muros, edificios e rexenerando espazos deteriorados.

Cada primavera, celébrase o Rexenera Fest, un festival repleto de actividades no que se convidan a artistas de renome internacional a crear as súas obras en gran formato. Quedando a súa arte dando vida ao pobo para os anos seguintes.

Mural2

Algo que caracteriza a escena do arte urbano da Costa da Morte é a colaboración entre artistas locais e internacionais. Cada mural ou intervención artística adoita ter unha historia detrás. A maioría destes proxectos nacen da cooperación entre entidades públicas e os artistas.

Os murais e o arte urbano da Costa da Morte ofrecen unha nova perspectiva desta rexión galega, permitindo aos visitantes e locais descubrir non só a súa beleza natural e cultural, senón tamén a súa creatividade e espírito.


A través dos murais, os artistas contan historias da vida mariña, a tradición xacobea e o amor pola terra e o mar, creando unha galería de arte ao aire libre que forma parte do paisaxe en si. Se tes a oportunidade de visitar esta rexión, non esquezas explorar as súas rúas, onde cada recuncho conta unha historia visual única, reflexo da identidade da Costa da Morte.


Neste artigo recollimos algúns exemplos, pero ao longo do territorio poderás atopar moitos máis. Se visitas calquera destes murais e decides subir a foto a Instagram, non dubides en etiquetarnos na nosa conta @visitacostadamorte . Agardamos que gozes moito da experiencia!

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

MENS, TERRA DE MONXES E NOBRES

A parroquia de Santiago de Mens, situada a uns 6 km da vila de Malpica, seguindo a estrada DP-4307 cara a Ponteceso, con...

Que facer un fin de semana na Costa da Morte

Se te preguntas que facer unha fin de semana na Costa da Morte, aquí traémosche un itinerario perfecto para descubrir es...

RAZO-BALDAIO, MODELO DE DIVERSIDADE AMBIENTAL

En poucos lugares da costa galega hai unha área natural con tanta diversidade como neste espazo litoral carballés, no qu...

ENSEADA DA INSUA, RESERVA ORNITOLÓXICA

Ao longo da Costa da Morte dispoñemos de moitos espazos que nos ofrecen a posibilidade de gozar da natureza a nivel pais...

A Costa da Morte presenta a súa nova campaña: unha apos...

Esta campaña parte dunha idea clara: a Costa da Morte non é un decorado nin un produto construído artificialmente para o...

Os faros máis emblemáticos da Costa da Morte

Queres saber cales son os faros máis emblemáticos da Costa da Morte? Pois imos ser sinceros dende o principio do artigo:...

HÓRREO DE CARNOTA, BELEZA ARTÍSTICA NUNHA CONSTRUCIÓN P...

Non existe ningunha outra construción que identifique a paisaxe galega coma o hórreo. Tan pronto como pasamos por un núc...

Camiño do Litoral na Costa da Morte: guía das etapas 19...

Hai costas que se visitan e costas que necesitan ser camiñadas. A Costa da Morte pertence ás segundas. Aquí, avanzar xun...

O VÁKNER, ENIGMÁTICA BESTA DO CAMIÑO A FISTERRA

Moitos dos peregrinos ou viaxeiros que se achegaron a Galicia ao longo da historia deixáronos información da súa viaxe, ...

MONTE PINDO, OLIMPO CELTA DE GALICIA

O Monte Pindo, coñecido entre a veciñanza como O Pedregal, é un accidente xeográfico tan impactante na paisaxe que non p...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Martes
    24
    Novembro

    Crisálida en Ponteceso...

    A Biblioteca Municipal de Ponteceso acolle o martes 24 de novembro de ...

  • Martes
    24
    Novembro

    Montaxe de murais cont...

    O martes 24 de novembro de 2026, as reflexións dos obradoiros de igual...

  • Martes
    24
    Novembro

    As aventuras de Nabiza...

    Isabel Risco presenta As aventuras de Nabiza Girl o martes 24 de novem...