A CMAT pon en marcha o I Concurso Fotográfico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convoca este certame de fotografía para potenciar o territorio a través da óptica da xente que visita a Costa da Morte O concurso xa está en marcha a través de Instagram e durará ata o 30 de outubro deste 2024 ás 23:59
I concurso fotografico costa da morte naturalmente salvaxe cmat es

ZAS, 25/06/2024. A Asociación de Turismo da Costa da Morte (CMAT), co apoio da Deputación da Coruña, organiza o «I Concurso Fotográfico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe». Un concurso dirixido a calquer persoa para poñer en valor o territorio e dar a coñecer os diferentes lugares e recursos da Costa da Morte.

Para participar neste concurso, será necesario facelo a través dunha conta de Instagram pública. Deste xeito, a CMAT espera que as persoas interactúen a través das redes sociais compartindo momentos, experiencias e reunchos especiais da Costa da Morte.

Temática do I Concurso Fotográfico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe

A temática debe axustarse ao nome do concurso: Naturalmente salvaxe. Isto implica que a fotografía presentada debe resaltar a Costa da Morte como un destino aínda con moito que descubrir, sen masificacións e destacando ese carácter tan propio deste territorio.

Esta temática busca, precisamente, poñer o foco na condición natural e salvaxe da paisaxe, tanto no interior como no litoral. Flora, fauna, actividades deportivas, paisaxes. Todo o que estea relacionado coa idea do Naturalmente Salvaxe, cabe neste concurso. Ademais, a fotografía pode utilizar calquera técnica e formato.

Participación no I Concurso Fotográfico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe

O concurso xa está en marcha e durará ata o 30 de outubro de 2024 ás 23:59. Ademais, haberá dous categorías de premios. A primeira será a do Premio do Público, que será para a fotografía que, a 31 de outubro de 2024 ás 00 horas, conte con máis “gústame” na publicación de Instagram coa que participou. A segunda, será o Premio do Xurado, que sairá dun grupo de persoas elixidas a tal efecto e que se fará público máis adiante.

Os premios entregaranse no IV Encontro de Turismo da Costa da Morte, ao que serán convidadas todas as persoas finalistas.

Bases e requisitos para participar

As Bases completas do concurso e todos os requisitos para poder participar atópanse na seguinte ligazón: https://www.visitacostadamorte.com/ga/bases-legales-concurso-naturalmente-salvaxe-2024

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Xosé Ameixeiras nomeado IV Embaixador da Costa da Morte

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) vén de anunciar que Xosé Ameixeiras, delegado de La Voz de Galicia en Carb...

A Deputación e a CMAT revisan os avances do Parque do M...

A Deputación da Coruña e a CMAT mantiveron un encontro para coñecer de primeira man en que punto se atopa o Parque do Me...

O Encontro de Turismo da Costa da Morte volve ao Parado...

A CMAT escolleu o Parador Costa da Morte, en Muxía, como sede do VI Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebr...

A CMAT busca sede para o VI Encontro de Turismo da Cost...

Un ano máis, esta cita reunirá representantes dos 17 concellos da CMAT, empresas turísticas, entidades colaboradoras, pr...

A CMAT continúa coas reunións presenciais nos concellos...

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) retomou esta semana as reunións presenciais nos concellos que non forman p...

Costa da Morte Runner: un videoxogo para descubrir o te...

A Costa da Morte xa conta cun videoxogo propio. Costa da Morte Runner é unha nova proposta dixital que convida a percorr...

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.