LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA

Percorre Cee a través de “LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA”. Un relato que conecta historia e costa, tal e como se vive desde dentro. Pista: fíxate en fisterra.
155. Desembocadura do río Castro, entre a praia de Lires e Nemiña

Entre o extremo sur da praia de Nemiña e a punta Mellón, ábrese paso ao océano a pequena ría de Lires, que máis que ría, vén sendo os esteiros que forman os ríos Castro e Lires na súa desembocadura. O río Castro é a arteria fluvial máis importante da comarca de Fisterra, a antiga Nemancos. Nace na parte alta da parroquia de Castrelo (Vimianzo), e despois de pasar Berdoias, rega as terras de Muxía, Dumbría e Cee e marca os límites entre estes concellos. O seu nome procede do lugar do Castro (Coucieiro, Muxía), onde forma a fervenza das Caldeiras do Castro, un espazo natural de enorme beleza. Despois dun sorprendente xiro cara ao oeste, desemboca na ría de Lires.

O outro brazo desta pequena ría prolóngase polo esteiro do río de Lires e chega ata as proximidades da igrexa parroquial de Santo Estevo, esta freguesía rural xa existía no século XII, aínda que o templo actual data de mediados do século XVIII. Na súa lisa fachada apenas destacan elementos decorativos. Os poucos que se ven denotan o estilo barroco que imperaba no momento da súa construción. No núcleo de Lires consérvanse algunhas casas tradicionais cos seus hórreos, que se van intercalando entre as construcións modernas, xa predominantes.

Ao abeiro do monte Mellón protéxese esta parroquia ceense dos ventos do océano, convertendo a aldea e as terras que a circundan nun espazo recollido e acolledor para os cultivos e a xente que aquí habita. Tivo a localidade unha tradición labrega, na que tamén se aproveitaban os recursos do mar como complemento, ata que nos anos sesenta do pasado século, atraídos por este entorno fermoso e sosegado, chegarán os primeiros turistas que se van aloxar nalgunha das casas de labradores do lugar, convertendo a Lires na localidade pioneira do turismo rural.

O cambio de actividade da súa poboación verase favorecido polo paso do camiño de Santiago a Fisterra-Muxía como ruta xacobea. Na etapa que une estas dúas vilas costeiras, Lires representa un punto de parada obrigada por situarse na metade do traxecto. Nos últimos anos este núcleo converteuse nun referente turístico da zona. A súa pequena ría resulta un lugar moi apracible para os amantes da natureza, que teñen aquí a oportunidade de observar cantidade de aves diferentes. Desde a súa costa gozamos de excelentes vistas sobre a praia de Nemiña e a desembocadura do río Castro e tamén de fermosas postas de sol.

Galería de fotos de LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

ENSEADA DA INSUA, RESERVA ORNITOLÓXICA

Ao longo da Costa da Morte dispoñemos de moitos espazos que nos ofrecen a posibilidade de gozar da natureza a nivel pais...

Festas tradicionais na Costa da Morte: historia, cultur...

Se hai algo que define a Costa da Morte, ademais das súas paisaxes salvaxes e o seu mar indomable, é a súa forte identid...

LAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA

Ao sur da ría na que o Anllóns entrega a colleita hídrica que foi recadando ao longo do seu camiñar por terras bergantiñ...

HÓRREO DE CARNOTA, BELEZA ARTÍSTICA NUNHA CONSTRUCIÓN P...

Non existe ningunha outra construción que identifique a paisaxe galega coma o hórreo. Tan pronto como pasamos por un núc...

CAMARIÑAS, ONDE O MAR SE VOLVE ENCAIXE

Camariñas é desas vilas que ten un selo de identificación moi definido, pois simplemente con pronunciar o nome desta loc...

Onde atopar grafitis, murais e arte da rúa na Costa da ...

Pregúntaste onde atopar grafitis, murais e arte urbano en xeral na Costa da Morte? Pois estás de sorte, porque practicam...

San Xoán 2026 na Costa da Morte

Hai noites que na Costa da Morte se viven dun xeito especial, pero poucas conservan tanta maxia como a de San Xoán. O lu...

A Costa da Morte presenta a súa nova campaña: unha apos...

Esta campaña parte dunha idea clara: a Costa da Morte non é un decorado nin un produto construído artificialmente para o...

BRANDOMIL, A MAIOR PRESENCIA ROMANA EN A COSTA DA MORTE

Tense afirmado que nas terras máis occidentais de Galicia, como son as da Costa da Morte, o grao de romanización foi moi...

Descubre os Mellores Plans para a Noite de San Xoán 202...

A Costa da Morte é un destino máxico todo o ano, pero sexamos sinceros, a noite de San Xoán é a máis máxica de todas! Du...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Domingo
    13
    Setembro

    SPEA RFME Campionato d...

    Vimianzo acollerá os días 12 e 13 de setembro de 2026 unha proba do SP...

  • Domingo
    13
    Setembro

    A pel do territorio: m...

    O Museo de Corme, en Ponteceso, acolle do 19 de agosto ao 13 de setemb...

  • Domingo
    13
    Setembro

    Visitas teatralizadas ...

    As visitas teatralizadas ao Castelo de Vimianzo 2026 celebraranse os d...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.