Que festas gastronómicas hai na Costa da Morte?

Pregúntaste que festas gastronómicas hai na Costa da Morte? Aquí traemos a selección completa!
Feira Das Cereixas 2

Pregúntaste que festas gastronómicas hai na Costa da Morte? Aquí traemos a selección completa!

A gastronomía é un pilar fundamental na cultura galega e Costa da Morte non ía ser unha excepción á hora de celebralo. Son moitas as festas que se celebran ao longo de todo o ano en honra a un alimento concreto ou a unha receita en xeral.

Queres coñecelas? Segue lendo!

Festa da Filloa, Loroño, Zas

Celebrase o último sábado de febreiro.

Este produto tradicional, tan típico da época de entroido, ten a súa propia festa. Pódese degustar tanto salgado como doce.

Festa do Bolo do Pote, A Picota, Mazaricos

Celébrase o primeiro fin de semana de marzo.

Grazas a esta festa recuperouse un produto tradicional: o bolo do pote. Nesta festa poderás degustar estes bolos feitos de fariña de millo e centeo que se acompañan de chourizo e touciño.

Festa do Cocido Galego en San Mamede, Carnota

Celébrase o terceiro sábado de marzo.


Degústase cocido galego, así como outros pratos típicos como orella, empanada ou filloas.

Festa do Congro, Muxía

Celébrase o venres santo.

O congrio é un dos produtos máis típicos de Muxía, onde podemos atopar os seus característicos secadeiros. Este día poderase degustar este peixe de moitas maneiras e gozar do bo ambiente no pobo.

Festa do Raxo, Brantuas, Ponteceso

Celébrase o primeiro sábado de xuño.

Esta festa comeza cunha misa solemne e continúa cun baile e música tradicional. Despois, xa se entra na degustación de raxo.

Festa do Percebe, Corme, Ponteceso

Celébrase o primeiro sábado de xullo.

O percebe é un dos produtos máis renomados do océano e os do Roncudo levan a mellor fama. Por iso, cada ano, Corme celebra unha gran festa para degustar o seu ben máis prezado.

Feira das Cereixas, Paiosaco, A Laracha

Celébrase o primeiro domingo do mes de xullo.

Hai décadas, a produción de cereixas tiña unha gran importancia na zona e esta festa segue viva para recordalo. Esta feira naceu para vender esas cereixas que xa empezaban a estar maduras.


Actualmente, mantense a festa para celebrar con máis cultura e goce.

Feira Das Cereixas 2

Faguía, Carnés, Vimianzo

Celébrase cada 9 de xullo.

Esta é unha das festas gastronómicas máis antigas de Galicia. Está dedicada aos callos. Prepárase unha gran cantidade deste prato e séguese degustando. Aproveitase para celebrar con música durante os días seguintes.

Festa do Longueirón, Fisterra

Celébrase o primeiro fin de semana de agosto.

A praia de Langosteira destaca á hora de conseguir moito longueirón e fixeron unha festa para celebralo. Degústase este marisco e aproveítase tamén para celebrar o Encontro Pirata. Todo isto con moita música e bo ambiente.

Festa do Pichorro, Cances, Carballo

Celébrase a segunda quincena de agosto.

É unha festa de recente creación na que se degusta, con pementos e cachelos, o “pichorro”, que é millo antes de madurar.

Festa do Berberecho en Baldaio, Carballo

Celébrase o terceiro sábado de agosto.


O berberecho é un marisco moi ben prezado, como todos os que se recollen na Costa da Morte e en Baldaio teñen unha festa en seu honor. Hai degustación de berberechos con diferentes receitas. A música non faltará!

Festa do Porco ao espeto, Cabana de Bergantiños

Celébrase o primeiro venres de setembro.


Na parroquia de O Esto, xúntase toda a comarca para gozar de racións e boa música.

Festa da Pataca, Coristanco

Celébrase o segundo fin de semana de setembro.

As patacas da zona teñen fama mundial e, por iso, contan coa súa propia festa. Realízanse moitas actividades en relación a este alimento: exposición de maquinaria agrícola, concurso de figuras con pataca, actividades da terra ou o concurso de tortas con pataca de Coristanco. Todo acompañado de actuacións e concertos.

Festa Da Pataca Coristanco

Festa gastronómica de Soandres, A Laracha

Celébrase o segundo fin de semana de outubro.


Nesta festa bótase man dunha boa comida en xeral. É unha escusa para celebrar sen ter un alimento concreto no foco.

Feira das Fabas, Ponteceso

Celébrase o último sábado de outubro.

A finais de setembro e no mes de outubro é a época da colleita das fabas. Por iso, comezan os festexos en seu honor. Nesta “Feira das Fabas” pódese degustar fabada e gozar da música e outras actividades.

Festa da Fabada, Paiosaco, A Laracha

Celébrase o cuarto domingo de outubro.

Nesta festa non pode faltar a degustación da fabada.

Festa Da Fabada De Paiosaco

E aquí conclúe a lista de festas gastronómicas da Costa da Morte, nas que probablemente falten algúns nomes. Déixate encandilar polas festas gastronómicas da zona e mantente atento á nosa axenda, onde publicamos todos os eventos que hai no noso territorio e os seus horarios.

Se vas a algunha destas festas, non esquezas etiquetarnos na nosa conta de Instagram @visitacostadamorte

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

MORAIME, CENTRO HISTÓRICO DA COSTA DA MORTE

Existe un gran descoñecemento da historia de Moraime e do papel que desempeñou en tempos pasados como centro relixioso e...

VAL DO RÍO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE

O val do río Beba sitúase entre os montes da Ruña e unha pequena lomba que o separa do val de Mazaricos. Representa unha...

TORRES DO ALLO, UN DOS PRIMEIROS PAZOS DE GALICIA

Moi preto da vila de Baio, no km 55 da estrada C-552 da Coruña a Fisterra, sitúase o pazo das Torres do Allo, unha das m...

CAMARIÑAS, ONDE O MAR SE VOLVE ENCAIXE

Camariñas é desas vilas que ten un selo de identificación moi definido, pois simplemente con pronunciar o nome desta loc...

Avistamentos de baleas na Costa da Morte: unha experien...

Hai momentos nos que a natureza nos regala espectáculos imposibles de olvidar. Un delas é recoller a unha ballena surcan...

DOLMEN DE DOMBATE, CATEDRAL DO MEGALITISMO GALEGO

A cultura megalítica representa un dos maiores símbolos de identidade da Costa da Morte. Ao longo do seu territorio hai ...

A PENELA E RIOBÓ, HISTORIA E ARTE NO SILENCIO

Hai lugares na Costa da Morte que conservan un prezado patrimonio histórico, pero por situarse afastados das principais ...

FISTERRA, A EMOCIÓN DO FINAL DO CAMIÑO

A vila de Fisterra tivo a sorte de que os seus primitivos poboadores a bautizasen cun nome tan suxestivo. A maior aspira...

DERRUBANDO MUROS CON PINTURA, PROXECTO PARA CURAR FERID...

A vila de Carballo formouse na banda dereita do Anllóns na primeira metade do século XVIII tralo redescubrimento das aug...

CAIÓN, VILA ENRIBA DO MAR

Calquera viaxeiro que desexe coñecer a vila de Caión,, primeiro tería que observar a súa situación de lonxe, desde un do...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    3
    Agosto

    Concerto de Víctor e N...

    Víctor e Naxo actuarán o luns 3 de agosto ás 19:30 horas en Lagomar Ca...

  • Martes
    4
    Agosto

    Concerto de Killing Fl...

    Killing Floors e Mal Juicio actuarán o martes 4 de agosto de 2026 en L...

  • Martes
    4
    Agosto

    Doazón de sangue en Vi...

    O martes 4 de agosto de 2026, unha unidade móbil da Axencia de Doazón ...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.