Igrexa de San Cristovo de Corzón

Arquitectura relixiosa
Mazaricos

Saber máis sobre Igrexa de San Cristovo de Corzón

Situada no camiño que conduce de Santiago a Fisterra, esta sinxela construción dunha nave cuberta cunha armadura de madeira prolóngase nunha capela maior románica coroada por bóveda de canón e na que se ingresa por un arco triunfal de medio punto apoiado en medias columnas acaroado.

Exteriormente, podemos resaltar a pureza da súa volumetría, realzada por unha moi coidada cantería e pola ausencia de elementos torreados ao construírse a espadana afastada da igrexa, nunha posición planimétrica máis alta e máis idónea para a súa eficacia de convocatoria.

Son moi interesantes os retablos, tanto os laterais de estilo barroco, como o maior, de formas neoclásicas. A imaxinería, basicamente da segunda metade do século XVIII, completa moi dignamente este interesante conxunto.

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Mazaricos

Ruta do Corredor Megalítico
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Quilómetros totais: 41 quilómetros. Accesos en vehícul...
Dolmen de Parxubeira
Polos restos arqueolóxicos atopados, podemos dicir que os primeiros mazaricanos ...
Igrexa de San Cristovo de Corzón
Situada no camiño que conduce de Santiago a Fisterra, esta sinxela construción d...
Cruceiro de San Cirolan de Suevos
Os cruceiros son un dos elementos máis típicos da paisaxe galega. Cruzamentos de...
Polos dólmenes de Soneira e Bergantiños
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS da Ruta polos dólmenes de Soneira e Bergantiños: Kiló...
Embalse de Fervenza
Dentro dos servizos turísticos que ofrece o concello de Mazaricos, hai que desta...
Formas Graníticas no Macizo do Monte Pindo
O granito do Monte Pindo formouse no interior da Terra, a uns 20 kilómetros de p...
Santiago de Arcos
Parroquia de gran beleza paisaxística que podemos certificar desde este miradoir...
Mazaricos: Mirador de Monte Aro
Este lugar é un punto cun gran valor ornitolóxico e, ademais, por el cruza parte...
Mina da Parxubeira (Mazaricos)
Un dolmen ben protexido A Mina da Parxubeira é un auténtico referente da arqueo...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.