Search
Close this search box.

Miradoiro do Ézaro

Miradores
Dumbría

Saber máis sobre Miradoiro do Ézaro

Está situado a uns 1.500 m ao NE do núcleo principal do Ézaro. Ten unha altura de 260m sobre o nivel do mar e desde el pódese recoller a mole granítica do Monte Pindo coñecido como o Olimpo Celta da Costa da Morte, o profundo valle escarpado do curso do Río Xallas tamén coñecido como Río Ézaro e a súa desembocadura, a silueta do Cabo Fisterra coroado polo seu faro, as Illas Lobeiras de fronte, os pobos do Pindo e O Ézaro, ademais do encoro de Santa Uxía.

O 30 de agosto de 2012, o miradoiro do Ézaro foi final da décimo segunda etapa da Volta Ciclista España. Foi un feito que marcou un antes e un despois na meca do deporte e do turismo do Concello de Dumbría. O Ézaro comezou a formar parte da historia do ciclismo, un porto de 3ª categoría pero cun final de infarto, a penas 2 km con pendentes de ata o 30%, todo un desafío no cal logrou a súa victoria Joaquim Rodríguez, alias “Purito”.

O ano seguinte, O Ézaro volveu a formar parte do percorrido da Volta, sendo o miradoiro parte da etapa que remataba no Cabo Finisterre. Como consecuencia e para dar resposta á demanda dos aficcionados ao ciclismo, xurdiu a celebración da marcha cicloturista Desafío do Atlántico, que actualmente se coñece como Gran Fondo Ézaro. O 4 de xullo de 2015 tivo lugar o Gran Fondo Ézaro e na que participaron: Miguel Induráin, Claudio Chiappucci, Álvaro Pino, Oscar Pereiro, Gustavo César Veloso, Pedro Nimo, Marcos Pereiro, Ezequiel Mosquera,… acompañados polos grandes amantes do ciclismo.

* Debido á excesiva pendente da estrada que une a cascada co miradoiro, ramplas de ata o 30%, o acceso está prohibido para autocares e caravanas.

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Dumbría

Robledal Devesa da Lúa
Espazo natural aberto onde se atopan un gran número de robles a orixes do río qu...
Polos dólmenes de Soneira e Bergantiños
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS da Ruta polos dólmenes de Soneira e Bergantiños: Kiló...
Ponte Olveira
Foi construído posiblemente no século XVI sobre a canle do río Xallas. Realizado...
Aula de natureza de Vilafernández
A área recreativa de Vilafernández localízase nun paraxe inigualable, ao lado do...
Dolmen Pedra da Arca de Regoelle
El Dolmen de Pedra da Arca tamén se coñece como de Regoelle. Ten forma poligonal...
Miradoiro do Ézaro
Está situado a uns 1.500 m ao NE do núcleo principal do Ézaro. Ten unha altura d...
O Monte Pindo. Follas da historia. Dumbría
Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Aldea de Fieiro / A Moa Lonxitude: ...
Piedra do Brazal ou Cabalgada
É unha gran mole de granito localizada no monte do Brazal, na beira oeste do cam...
Ruta do Corredor Megalítico
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Quilómetros totais: 41 quilómetros. Accesos en vehícul...
O Ézaro (Dumbría)
A praia do Ézaro é outro dos puntos por descubrir nesta costa. Esta dispón dun a...