Ruta da Insua (RC-1) – Camariñas

Camariñas

Saber máis sobre Ruta da Insua (RC-1) – Camariñas

  • Percorrido: circular
  • Punto de partida/chegada: Praia do Ariño (Camariñas)
  • Lonxitude: 3,5 km.
  • Duración aproximada (ida e volta): 1 hora
  • Dificultade: Fácil

Esta ruta debe o seu nome ao Monte da Insua, o cal separa a Ensenada da Basa da desembocadura do Río Grande.
O camiño discorre en todo o seu trazado pola pista de terra do litoral pero, se temos marea baixa, tamén o podemos facer pola area.

A ruta iníciase na praia e área recreativa do Ariño (Camariñas), zona con aparcamento, duchas, baños, bancos, mesas e asadores, polo que podemos desfrutar dun tempo de descanso antes de empezar a ruta.

Nesta zona podemos observar o traballo das mariscadoras de Camariñas.
Continuamos o sendeiro ata chegar á seguinte praia, Rego dos Coiros, praia de areas finas e brancas desde a que podemos observar a outra orixe da ría.

A terceira praia que forma parte desta ruta e a nosa seguinte parada, é a de Ariña Blanca.
Unha praia resgardada, de augas tranquilas e rodeada de pinares.
Emprendemos de novo a marcha tomando un desvío á dereita, ascendendo uns 100 metros ata o Alto da Insua.
É o punto máis alto da ruta e o que nos ofrece unhas vistas panorámicas da entrada da ría, o porto deportivo e pesqueiro de Camariñas, as praias de Lingunde e Area de Vila e patrimonio diverso como a Ermita da Virxe do Monte.

Seguindo polo camiño principal, nos atopamos cos restos dunha antiga mina de wolframio (Mina Amparo).
Este mineral tivo un alto valor no século pasado polo seu uso para a fabricación de armamento na Segunda Guerra Mundial.
Tras tomar unha desviación da ruta, chegamos a fonte Agramar, fonte natural que nace á beira do mar estando en pleamar en contacto coa auga salada.
Como punto final desta ruta, chegamos á desembocadura de Lamastredo.
Enlazaremos coa estrada de acceso a O Ariño e nunha derivación de ida e volta, iremos a parar á desembocadura deste río, desde o que poderemos recoller o Pazo de Paxariñas (construído no século XVI en San Pedro de Ponte en Dor, onde aínda continúan o palomar e a capela).
Neste tramo final da ruta, zona da ría tamén chamada Vatel, poderemos desfrutar da actividade dos bancos marisqueiros.

Unha ruta ideal para desfrutar en grupo ou en familia, cunha área recreativa na que pasar parte do día e diversas praias nas que facer paradas para darse un baño, se o tempo o permite, ou desfrutar do son do mar nun contorno tranquilo.
Destaca a coidada e equipada área recreativa do Ariño e sobre todo a posibilidade de observar o duro traballo das mariscadoras.

Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Ruta das cascadas. Mazaricos

O concello de Mazaricos realiza unha proposta de rutas para coñecer cinco cascadas no contorno das c...

PR-G 114 Laxe – Traba

Percorrido: Lineal Punto de partida/llegada: Laxe – Mórdomo (Traba) Lonxitude: 8,7 km. Duración apro...

PR-G 190 Ruta dos moliños da Ponte do Porto

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: A Ponte do Porto (Camariñas) Lonxitude: 4 km. Duració...

PRG148 Ponteceso

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Casa natal de Eduardo Pondal / Porto de Corme Lonxitude...

Ruta da Auga. Zas

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Ponte do Sisto (Zas) Lonxitude: 10 km. Duración aprox...

Ruta pola Armada

A Ruta pola Armada é unha pequena andaina chea de significado que coincide co tramo de entrada do Ca...

Ruta Muxía – Os Muíños

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Punta da Cruz. Paseo Marítimo de Muxía Lonxitude: 9,...

Ruta Esteiro do Anllóns

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Praia do Curro / Ensenada de Lodeiro Lonxitude: 3.5 km ...

Ruta dos menhires.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Kilómetros totais: 43 kilómetros. Accesos en vehículo: Pedra Moura de Alde...

Ruta do Corredor Megalítico

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Quilómetros totais: 41 quilómetros. Accesos en vehículo: Pedra Cuberta, Ar...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.