Search
Close this search box.

Museo Aberto de Carnota

Carnota

Saber máis sobre Museo Aberto de Carnota

  • Percorrido: Lineal
  • Punto de partida/chegada: Rieiro – Miñarzo (Carnota)
  • Longitud: 13 km (ida)
  • Duración aproximada (ida e volta): 6 horas
  • Dificultade: media

Esta ruta transcorre ao longo de 13 quilómetros, a través dos catro podemos descubrir un total de sete espazos arqueolóxicos de distintas épocas e tipoloxías.
Trátase de recursos de gran riqueza cultural repartidos polo territorio de Carnota, de aí a denominación de museo aberto.

Comezamos a ruta visitando en Rieiro, na parroquia de San Mamede de Carnota, un grupo de petroglifos (Prousos Magos), distribuídos en dúas estacións, que, a pesar da súa cercanía, teñen unhas características moi distintas de emprazamento e composición de gravados.
De aí nos desprazamos á Laxe Escrita (Carnota, Santa Comba de Carnota), a cal ten unhas dimensións de 11 x 6 m.
de superficie case plana e situada ao mesmo nivel do terreo, nunha situación diferente ás outras estacións xa que se trata dunha cota máis baixa.
Continuamos na mesma parroquia desprazándonos aos petroglifos de Outeiro de Rego Lamoso, os cales se sitúan sobre un cerro rocoso que destaca no contorno.
A seguinte parada é o Castro de Mallou, poboado fortificado da Idade de Herro, que pertenceu á tribunación dos galaicos “súper tamáricos” ou do norte do río Tambre.
Crée que puido estar en funcionamento entre os séculos III-IV a.C. e o I d.C. Continuamos o sendeiro ata chegar ao Filladouro (tamén en Mallou) outra agrupación de petroglifos de maior e menor complexidade.
De aí nos desprazamos ás Laxiñas, conxunto de gravados sobre un afloramento situado na ladeira dos montes de Carnota, que, quizais, sexan os máis espectaculares do concello.
Por último, como recurso final desta ruta, temos que ir ata Miñarzo, na parroquia de Santa María de Lira, para coñecer a Torre dos Moros, impresionante fortificación de inicios da Idade Media.
Ten unha vista privilexiada de 360º que abrangue desde Monte Rubio (Muros) ata o Cabo Fisterra.

A visita de todos os recursos que oferta esta ruta nos permite facer un percorrido ao longo da historia, desde a Idade de Bronce ata os nosos días.
A cota máis alta é de 300 m.
coas incomparables vistas de Carnota que isto supón.
Podemos ver o arenal de Carnota, o Faro Fisterra, a ría de Corcubión e o Monte Pindo.

Para poder descubrir os sete recursos podemos seguir a Senda Verde, unha ruta lineal de sendeirismo na que están sinalizados todos os accesos.
Esta ruta nos permite combinar natureza, cultura e deporte en calquera momento.

Tanto ao inicio como ao final da ruta, que se pode realizar en calquera dirección, atopamos dous espectaculares miradoiros como son o Mirador de Lira e o Mirador de Louredo.

Para descansar desta ruta intensa recomendamos terminar a xornada contemplando o atardecer desde a praia de Carnota, a máis longa de Galicia, non sen antes visitar o afamado e espectacular hórreo de Lira.

Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Ruta fluvial de Baio. Zas

Percorrido: Lineal Punto de partida/llegada: Baio – Dolmen de Pedra Vixía Lonxitude: 3,8 km (ida) Du...

Ruta San Guillerme e Faro de Fisterra

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Fisterra Longitud: 4.00 km (ida) Duración apro...

PR-G 70 Punta Insua. Laxe

Percorrido: Circular Punto de partida/llegada: Laxe Lonxitude: 4,6 km. Duración aproximada (ida e ...

Paseo Fluvial Rio Anllons

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Área recreativa de Gabenlle Lonxitude: 4,3 km ...

Ruta Sendas do Mar De Razo a Baldaio

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Razo. Praia de Baldaio Lonxitude: 5,5 km Dura...

PR-G 114 Laxe – Traba

Percorrido: Lineal Punto de partida/llegada: Laxe – Mórdomo (Traba) Lonxitude: 8,7 km. Duración apro...

Paseo Fluvial de Ponteceso

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Casa natal de Eduardo Pondal Lonxitude: 2,5 km Duraci...

Derrubando muros con Pintura. Carballo

Derribando Muros con Pintura é unha iniciativa de arte urbano que está convertendo a Carballo nun au...

Desde Malpica a San Adrián

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Paseo Marítimo de Malpica. Ermita de San Adrián Lonxit...

PR-G 158 Ruta Costa da Morte

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Ruinas del Castillo do Soberano (Camariñas) Lon...