Museo del Mar de Laxe

Museos
Laxe

Saber máis sobre Museo del Mar de Laxe

O Museo do Mar de Laxe foi concibido e financiado dentro do extinto Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte. O seu obxectivo principal era, nun principio, dobre: por un lado, conservar e restaurar un inmoble en estado ruinoso dentro do casco histórico de Laxe e, por outro, dotar a vila dun centro histórico – cultural relacionado co mar que contribúe a potenciar o sector turístico. Non estaba recollida inicialmente ningunha outra función para o Museo.

O Museo do Mar de Laxe está situado no inmoble que albergou a antiga casa cuartel da Garda Civil da localidade, que foi rehabilitada para albergar o museo. Forma parte do casco histórico da Vila de Laxe, e está situada ao lado da “Casa do Arco”, e na que aínda son visibles elementos dunha casa tradicional, como a “Loneira”, o lavadoiro de pedra, e a letrina, entre outros elementos.

Non se sabe con certeza cal foi a data exacta en que se levantou o actual inmoble pero debe remontarse a inicios ou mediados do século XIX posto que, ata os anos 70 do século XX, o inmoble albergou de forma continuada desde o século XIX o Cuartel da Garda Civil de Laxe.

Segundo datos recollidos da sede electrónica do catastro, o inmoble ten unha superficie construída de 424 m2, repartida en catro plantas [planta baixa, planta 1ª e planta 2ª, e a planta baixo cuberta].

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Laxe

Igrexa de Santa María da Atalaia
A poucos quilómetros de Malpica de Bergantiños atopamos Laxe, un pequeno pobo ma...
Soesto (Laxe)
A praia de Soesto, situada no pobo de Laxe, é outro potencial enclave do surf qu...
Museo del Mar de Laxe
O Museo do Mar de Laxe foi concibido e financiado dentro do extinto Plan de Dina...
Faro de Laxe
Esta construción de 11 metros de altura, está situada na punta Ínsua do cabo Lax...
PR-G 114 Laxe – Traba
Percorrido: Lineal Punto de partida/llegada: Laxe – Mórdomo (Traba) Lonxitude: 8...
Praia de Traba de Laxe
Desconexión, natureza en estado puro e mar en cada rincón. Así é a praia de Trab...
Praia de Soesto
Explora a Praia de Soesto: Un refuxio para os amantes do surf na Costa da Morte ...
Laxe: Praias de Traba e Soesto
Se algo ten Laxe é praias que quitan o hipo. Tanto Traba como Soesto contan cun ...
Igrexa de San Simón de Nande
Situada no lugar de Matío, na parroquia de Nande (San Simón), municipio de Laxe ...
Praia e lagoa de Traba
A Praia de Traba destaca como a máis extensa e agreste de Laxe, con case tres qu...