O concello de Dumbría asume a presidencia do Parque do Megalitismo da Costa da Morte.

El municipio de dumbria asume la presidencia del parque megalitico de la costa da morte 1543425240

O alcalde do concello de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, será o primeiro presidente do Comité de Dirección do Comité de Dirección do Parque do Megalitismo da Costa da Morte que este mércores celebrou a súa primeira reunión no Dolmen de Dombate. Na xuntanza participaron representantes dos concellos do Parque e o responsábel das áreas de Patrimonio e Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.

O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, foi elixido este mércores primeiro presidente do Comité de Dirección do Parque do Megalitismo da Costa da Morte, ao se decidir iniciar o turno por número de habitantes de menor a maior.

O Comité de Dirección do proxecto de impulso ao Parque do Megalitismo da Costa da Morte, celebrou a súa primeira reunión oficial no dolmen de Dombate, sen dúbida, un dos emblemas do proxecto, despois de quedar constituída a pasada semana nunha xuntanza previa celebrada na Deputación da Coruña. A primeira reunión oficial tiña como único punto da orde do día a elección do presidente do Comité de Dirección.

Alcaldes e representantes municipais dos concellos da Laracha, Cabana de Bergantiños, Carballo, Dumbría, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Ponteceso, Vimianzo e Zas participaron nesta xuntanza que, segundo o deputado Xosé Regueira, “pon xa en marcha un traballo que se materializará nos próximos meses cando se decidan os primeiras actuacións a desenvolver para o que a Deputación ten xa un orzamento previsto de 500.000 euros.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.