Camariñas prepárase para unha “Fin de Semana dos Naufraxios” con propostas gastronómicas, culturais e turísticas

Camarinas se prepara para un fin de semana de naufragios con propuestas gastronomicas culturales y turisticas 1541504111

O Concello de Camariñas vivirá unha fin de semana repleta de propostas gastronómicas, culturais e turísticas. Do 9 ao 11 de novembro celébrase a Fin de Semana dos Naufraxios’, un evento que pretende reivindicar a historia do municipio a través de diferentes actividades. O acto central terá lugar o sábado, 10 de novembro, cando se celebrará o acto conmemorativo polo 128 aniversario da traxedia do “HMS Serpent”, o cruceiro da Royal Navy que se afundiu en 1890 no corno da Punta do Boi deixando 173 vítimas. O Cemiterio dos Ingleses acollerá, a partir das 21 horas, unha representación teatral organizada polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña e a Real Liga Naval Española.

 

Ademais, os veciños e visitantes de Camariñas poderán gozar durante todo o fin de semana dunha “Ruta de Tapas dos Naufraxios” na que os 20 establecementos participantes ofrecerán, por 1 euro, tapas relacionadas cun barco naufragado en concreto. Participan nesta ocasión A Ría, Bar Playa, Bar Victoria, A Moleda, Belmar, O Pinar, Oasis, As Vegas, Confitería Camariñas, Taberna do Bico, Club Náutico, A Molinera, Bar Paella, Marítimo, Pizzería Xunqueira, Pizzería Brasil, Casa Trabeiro, CunKcafé, La Tavernetta, Bar Rojo e O Ariño. Para aqueles que enchen o cupón con selos das 6 das tapas participantes o Concello de Camariñas sorteará 210 euros en premios. Un primeiro premio de 120 euros, un segundo de 60 euros e un terceiro de 30 euros. Ademais, todos os que proben as 6 tapas recibirán un agasallo dunha gorra-viseira. O horario para probar as tapas da ruta é de 12 a 14:30 horas e de 19 a 21:30 horas. 

Por outra banda, haberá unha serie de representacións teatrais e rutas guiadas dirixidas a nenos e adultos cunha temática que xirará en torno aos naufraxios en Camariñas.O venres 9, no Bar o Paella o Rubio de Camelle e Fernando Patricio falarán sobre naufraxios na zona e, ás 21 horas, haberá unha teatralización dos naufraxios en Camelle; O sábado 10, na Lonxa de Camariñas estará o programa da TVG “Buscadores de Naufraxios” e haberá unha ponencia de Bernardino Martínez, celebrarase o Magosto na Praza do Mercado. Por último, o domingo 11 haberá unha ruta con saída do Faro Vilán ata o Cemiterio dos Ingleses e na Praza do Mercado instalarase unha carpa con animación para os nenos relacionada cos naufraxios. 

Para as rutas guiadas é imprescindible anotarse previamente polas mañás no 981 737 004 ou no correo electrónico turismo@camarinas.net.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.