Search
Close this search box.

Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen présa: así definen Costa da Morte catro blogueiros profesionais

Catro blogueiros percorren a Costa da Morte nunha viaxe organizada pola CMAT para promocionar a artesanía, gastronomía, tradicións, natureza e cultura deste territorio

ZAS, 05/09/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convidou a catro blogueiros de viaxe a percorrer diversos concellos da Costa da Morte nunha actividade de promoción turística de tres días na última fin de semana de agosto. Nela, puideron gozar de actividades relacionadas co astroturismo, a artesanía local, a gastronomía, a cultura e a natureza do territorio. Este iniciativa foi posible grazas ao convenio de colaboración entre a CMAT e Turismo de Galicia.

Así viviron os catro blogueiros a súa experiencia

Durante os tres días que durou esta experiencia, os blogueiros participaron en actividades e visitaron lugares nos concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Muxía, Vimianzo, e Zas.

As actividades, visitas e experiencias gastronómicas vividas foron conducidas por empresas do sector turístico da Costa da Morte da Asociación de Profesionais e Empresarios da Costa da Morte (APTCM). Unha demostración de como a sinerxia entre o sector público e privado mellora os servizos e produtos turísticos existentes na Costa da Morte. Así o demostran as conclusións dos catro blogueiros participantes:

Para Leticia Pérez, de Trucos Viajeros, (@trucosviajeros en Instagram), viaxar por Costa da Morte «é poder descubrir cada vez unha Costa da Morte diferente. Este territorio é inmenso e con incribles atractivos para quen busca experiencias de natureza, de cultura inmaterial e de sabores. Pero tamén cunha enorme capacidade de sorprender coas historias das persoas que viven aquí e as súas tradicións e artes singulares. Sen dúbida un destino perfecto para quen quere viaxar amodo e con boa letra».

Emma Sexto, blogueira que narra as súas aventuras a través de Un Mundo Infinito, (@1_mundoinfinito en Instagram), conta que para ela, Costa da Morte teno todo: «Volver a Costa da Morte sempre é un chute de enerxía renovada para a alma. Un territorio no que aínda se atopa natureza virxe, onde perviven antigas tradicións e moita autenticidade. A súa gastronomía con produto local, a súa artesanía que reclama o propio. E sobre todo a súa xente, vinculada ao mar, sempre acolledora e disposta a mostrarche o mellor da súa terra. Unha zona fascinante de Galicia que o ten todo».

Rafael Pérez, blogueiro de Viajando el Mapa, (@viajandoelmapa en Instagram) e apaixoado do enoturismo e necroturismo, viviu esta visita como unha auténtica experiencia para os sentidos: «Viaxar á Costa da Morte é facelo a un territorio cun carácter distinto e distintivo que se ve reflexado na súa xente, na súa gastronomía, na súa arquitectura e na súa natureza. O territorio obrígache a transformarte (e o recomendable é deixarse facer) para desfrutar a fondo da visita. As présas son menos, as ganas de probar novos sabores aumentan e o ollo acostúmase a unha forma diferente de ver a vida que fará que un percebe nos pareza o animal máis fermoso».

Para Dani Keral (@danikeral en Instagram), que tamén visitou a Costa da Morte noutras ocasións, volver camiñar por este destino implica facelo con calma e desfrutando de cada detalle: «Con cada viaxe por Costa da Morte (xa perdín a conta), quédame máis claro o infinitamente rico que é este territorio en artes(anías), natureza, tradicións, gastronomía, astroturismo e turismo de experiencias… Isto reafírmame na idea de que, na miña función de comunicador, o meu deber é dicirlle aos lectores (e futuros visitantes) que non fagan unha visita “caníbal” por Costa da Morte, dedicándolle un ou dous días para tomar as fotos típicas. Polo ben do territorio pero, sobre todo, polo seu propio ben: o que se perden por viaxar con présa é incalculable».

Estas experiencias vividas polos blogueiros serán reflexadas nos seus propios espazos na web e nas súas redes sociais a través de diferentes contidos. Esta acción busca promocionar a Costa da Morte como un xeodestino para poder desfrutar en calquera época do ano. Entre os catro blogueiros, contan con millóns de visitas anuais nos seus blogs.

Máis iniciativas para promocionar o turismo na Costa da Morte

Esta iniciativa é posible grazas ao financiamento de Turismo de Galicia a través dun convenio de colaboración coa CMAT, que será asinado neste mes de setembro.

Este convenio indica o forte compromiso dos concellos e de Turismo de Galicia co xeodestino Costa da Morte. A seguinte iniciativa de promoción do turismo enmarcada dentro deste convenio será o blogtrip #CostaDaMorteEnFamilia, unha iniciativa que ten como obxectivo promocionar a Costa da Morte como destino turístico ideal para familias. Nesta viaxe, que se celebrará os días 14 e 15 de setembro, participarán blogueiros especializados en viaxes en familia. Os blogueiros visitarán os outros seis concellos do xeodestino Costa da Morte (Carballo, Coristanco, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Mazaricos e Ponteceso)coa intención de asegurar o equilibrio territorial na promoción turística nestes dous blogtrips.

A outra importante acción incluída dentro do convenio entre a CMAT e Turismo de Galicia é a celebración do IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte, que será o 12 de novembro de 2024. Actualmente, o proceso de selección da súa sede está aberto a candidaturas ata o 17 de setembro.

Etiquetas:

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT celebra os éxitos do sector turístico durante o ...

O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edicion deste Encontro que cada ano reúne a...

A CMAT presentará a súa nova páxina web durante o IV En...

ZAS, 07/11/2024. Costa da Morte Asociación Turistíca (CMAT) presentará un novo sitio web (visitacostadamorte.com ) duran...

Dous fotógrafos da Costa da Morte, entre o xurado do I ...

Lorena Mariño, Diego Alonso e María Lema decidirán entre máis de corenta fotografías a gañadora do I Concurso Fotográfic...

A CMAT premiará aos gañadores do I Concurso Fotográfico...

O premio, que consistirá nunha noite para dúas persoas e unha experiencia gastronómica, será entregado tanto á persoa ga...

Bieito Romero, embaixador da Costa da Morte

A Xunta Directiva da CMAT acordou entregar este recoñecemento durante a IV edición do Encontro de Turismo da Costa da Mo...

Concurso Fotográfico 2024

Bases Legais do I Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe 1. Obxectivo do concurso O obxectivo no...

Actividades de Verán na Costa da Morte 2024

Por fin comezou o verán na Costa da Morte. Un momento do ano no que moitas persoas deciden visitar este fantástico terri...

A CMAT organiza un itinerario con catro blogueiros de v...

ZAS, 23/08/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza esta actividade de promoción turística na que ...

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para alb...

ZAS, 03/09/2024. A CMAT abre o prazo de presentación de candidaturas para acoller o Encontro de Turismo Anual da Co...

Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen présa:...

ZAS, 05/09/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convidou a catro blogueiros de viaxe a percorrer divers...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg