A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada técnica e práctica en Caión

A iniciativa, impulsada pola Axencia Turismo de Galicia e organizada pola CMAT, reuniu a profesionais do turismo, medios de comunicación e persoal técnico arredor da observación segura, a fotografía e as oportunidades turísticas vinculadas ao fenómeno astronómico.

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclipse do próximo 12 de agosto, unha iniciativa impulsada pola Axencia Turismo de Galicia co obxectivo de preparar ao sector turístico, aos medios de comunicación e ao persoal técnico dos destinos Starlight ante un fenómeno astronómico que converterá a Costa da Morte nun dos puntos de referencia para a súa observación. Un encontro de carácter técnico e práctico centrado na observación segura da eclipse, a comunicación deste tipo de fenómenos e as oportunidades que supoñen para o territorio.

A apertura correu a cargo do presidente da CMAT e alcalde da A Laracha, José Manuel López Varela, quen destacou a importancia deste acontecemento para a Costa da Morte e, especialmente, para a zona norte do territorio, situada dentro da franxa de totalidade da eclipse.

Durante a súa intervención, puxo en valor a necesidade de afrontar este fenómeno “con rigor e responsabilidade”, incidindo tamén na oportunidade que representa para atraer un turismo de calidade e dar a coñecer o conxunto de recursos naturais, patrimoniais e culturais da Costa da Morte.

A continuación, Begoña Estévez e Antonio Pazos, da empresa Corvus Maris e ambos acreditados como monitores Starlight, desenvolveron unha charla-coloquio sobre astronomía básica dunha eclipse e observación segura, resolvendo dúbidas prácticas e ofrecendo recomendacións tanto para profesionais como para o público xeral.

Posteriormente celebrouse a presentación institucional da xornada coa participación da directora de Promoción de Turismo de Galicia, María del Carmen Pita; da vicepresidenta da CMAT e alcaldesa de Cee, Margarita Lamela Louzán; e da presidenta da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte, Yolanda Díaz Romero.

A programación continuou coa sesión “Fotografía da Eclipse”, impartida por Fernando Rey Daluz, experto en formación audiovisual e divulgación científica certificado pola Fundación Starlight, quen ofreceu claves técnicas e recomendacións para captar este fenómeno astronómico con seguridade e calidade.

A xornada completouse cunha práctica de fotografía da eclipse e observación solar, incluíndo un simulacro do fenómeno, que permitiu ás persoas asistentes coñecer de primeira man os dispositivos e protocolos recomendados para unha observación segura.

Dende a CMAT valorouse moi positivamente a celebración desta iniciativa e a ampla participación, que contribúe á preparación do territorio ante a chegada da eclipse e poñer en valor o potencial da Costa da Morte como destino vinculado ao turismo de natureza e á observación do ceo.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT propón oito experiencias guiadas para descubrir ...

Este ano, a CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo busca completar a súa proposta de dinamización turística coa org...

A CMAT e Turismo de Galicia avanzan na creación dunha r...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo, en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia, está a impulsar a instala...

Xosé Ameixeiras nomeado IV Embaixador da Costa da Morte

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) vén de anunciar que Xosé Ameixeiras, delegado de La Voz de Galicia en Carb...

A Deputación e a CMAT revisan os avances do Parque do M...

A Deputación da Coruña e a CMAT mantiveron un encontro para coñecer de primeira man en que punto se atopa o Parque do Me...

O Encontro de Turismo da Costa da Morte volve ao Parado...

A CMAT escolleu o Parador Costa da Morte, en Muxía, como sede do VI Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebr...

A CMAT busca sede para o VI Encontro de Turismo da Cost...

Un ano máis, esta cita reunirá representantes dos 17 concellos da CMAT, empresas turísticas, entidades colaboradoras, pr...

A CMAT continúa coas reunións presenciais nos concellos...

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) retomou esta semana as reunións presenciais nos concellos que non forman p...

Costa da Morte Runner: un videoxogo para descubrir o te...

A Costa da Morte xa conta cun videoxogo propio. Costa da Morte Runner é unha nova proposta dixital que convida a percorr...

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.