O Pazo de Cultura de Carballo acolle 13 espectáculos ata abril dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

O pazo de cultura de carballo acolle 13 espectaculos ata abril dentro da rede galega de teatros e auditorios

A súa programación como parte deste circuíto da Xunta é cofinanciada pola Agadic e o Concello, cun investimento conxunto nestas actuacións de 40.650 euros. A nova carteleira ábrese mañá coa representación de ‘Elisa e Marcela’ por A Panadaría. Impulsada pola Consellería de Cultura en colaboración coas entidades locais asociadas, a Rede ofrecerá ata xuño 346 actuacións en 37 municipios

Elisa e Marcela, unha coprodución de A Panadaría co Centro Dramático Galegoque conta a historia das dúas mulleres que en 1901 formaron na Coruña o primeiro matrimonio homosexual do Estado, é a obra encargada de abrir mañá venres, ás 20,30 h, a completa carteleira que a Rede Galega de Teatros e Auditorios lle ofrecerá ao público de Carballo ata finais de abril.

Como parte deste circuíto, xestionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) en colaboración coas entidades locais asociadas, o Pazo da Cultura carballés acollerá 13 actuacións de teatro, danza e música, tanto con espectáculos destinados ao público adulto como ao público familiar. O investimento nesta carteleira sitúase en 40.650 euros, achegados pola Agadic e mailo Concello.

Entre as propostas da nova carteleira destacaun dos espectáculos que se estrean nesta temporada: Casa O’Rei, co queIbuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica e que poderá verse no Pazo da Cultura o 23 de marzo. A montaxe leva a escena un texto de Santiago Cortegoso, quenpropón un xogo escénico e dramatúrxico a partir de O Rei Lear de William Shakespeare, pero aquí ambientado nunha típica casa de comidas galega.

Para o público adulto están pensadas tamén outras sete producións que pasarán por Carballo nestes meses. En marzo, Helena: Xuízo a unha lurpia (día 9), unha revisión contemporánea do mito de Helena de Troia a cargo Teatro do Atlántico; eo concerto de De Vacas (16 de marzo), coas súas versións á galega dun amplo abano de estilos musicais.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT propón oito experiencias guiadas para descubrir ...

Este ano, a CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo busca completar a súa proposta de dinamización turística coa org...

A CMAT e Turismo de Galicia avanzan na creación dunha r...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo, en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia, está a impulsar a instala...

Xosé Ameixeiras nomeado IV Embaixador da Costa da Morte

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) vén de anunciar que Xosé Ameixeiras, delegado de La Voz de Galicia en Carb...

A Deputación e a CMAT revisan os avances do Parque do M...

A Deputación da Coruña e a CMAT mantiveron un encontro para coñecer de primeira man en que punto se atopa o Parque do Me...

O Encontro de Turismo da Costa da Morte volve ao Parado...

A CMAT escolleu o Parador Costa da Morte, en Muxía, como sede do VI Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebr...

A CMAT busca sede para o VI Encontro de Turismo da Cost...

Un ano máis, esta cita reunirá representantes dos 17 concellos da CMAT, empresas turísticas, entidades colaboradoras, pr...

A CMAT continúa coas reunións presenciais nos concellos...

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) retomou esta semana as reunións presenciais nos concellos que non forman p...

Costa da Morte Runner: un videoxogo para descubrir o te...

A Costa da Morte xa conta cun videoxogo propio. Costa da Morte Runner é unha nova proposta dixital que convida a percorr...

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.