Search
Close this search box.

Concello de A Laracha

Descubre o concello de A Laracha na Costa da Morte
A Laracha, Costa da Morte

Descobre A Laracha

O municipio da Laracha atópase na provincia da Coruña, na zona oriental da comarca de Bergantiños; conta cunha extensión de 126,3 km², onde se reúnen suaves montañas, valles e praias.

Ao oeste limita con Carballo, ao leste con Arteixo e Culleredo, ao sur con Cerceda e ao norte co mar no porto de Caión.

A estrada AC-552 atravesa todo o termo municipal, incluíndo o seu capital, a vila da Laracha. A localidade dista 2 km. da Coruña e 59 km. de Santiago de Compostela.

Destacan na zona os seus paseos fluviais, a irmosa praia de Caión co seu sendeiro Azul, o mosteiro de San Pedro de Soandres (s. X) e as súas rutas de sendeirismo, nas que te podes atopar con curiosos vestixios tanto naturais, onde destaca a Pedra da Cabirta, a pedra de abalar de maiores dimensións da Costa da Morte, como históricos, por exemplo, o menhir de Erboedo. Cabe mencionar a elevada presenza de castros no seu territorio, (o de Montes Claros atópase en proceso de escavación) amosa do rico pasado histórico destas terras.

Se a visitas, podes desfrutar da feira de Paiosaco (1º e 3º domingo de mes) e das súas festas de interese turístico de Galicia: a Feira das Cerezas e a Romería dos Milagros de Caión.

+ Info de A Laracha

Info turística A Laracha

Oficina de turismo de Caión: Avda. Laracha, s/n (Antiga Casa Reitoral) – CAION – 15145 – Laracha (A Coruña). ABERTA DESDE XULLO AO 15 DE SETEMBRO

Redes de A Laracha

¿Donde está A Laracha?

Fotos de A Laracha

Plans para facer en A Laracha

  • Plan 1: Presenciar o atardecer no paseo marítimo de Caión, co océano Atlántico e as illas Sisargas no horizonte, desfrutando da gastronomía con produtos do mar de primeira calidade.
  • Plan 2: Percorrer a pé as rutas de “A Laracha Activa” (tamén dispoñible na aplicación wikiloc), descubrindo paraxes únicos e a riqueza etnográfica dos ríos Anllóns, con 2,5 km de paseo fluvial, e Bradoso, con ruta homologada de 6 km na que se concentran os restos de nove molinos de auga.
  • Plan 3: Gozar en familia dunha xornada na área recreativa de Gabenlle, gozando á sombra do bosque de ribeira e das augas do Anllóns.
  • Plan 4: Visitar a Feira de Paiosaco, que se celebra o 1º e o 3º domingo de cada mes, onde se comercializan unha ampla variedade de produtos, destacando os do campo e os gastronómicos, especialmente os galegos.
  • Plan 5: Asistir á Romería dos Milagros de Caión o 8 de setembro, que está declarada de Interese Turístico de Galicia. O domingo anterior a esa data é a subida en procesión da imaxe da Virxe desde a Igrexa da Nosa Señora do Socoro ata o Santuario dos Milagros; o domingo seguinte culmínase coa baixada. Entre ese período pódense asistir no santuario a numerosos actos relixiosos e desfrutar das diversas actividades de idade e culturais.
  • Plan 6: Celebrar a Feira das Cerezas, en Paiosaco o primeiro domingo de feira do mes de xullo. Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, exaltase o comercio dos produtos gastronómicos acompañado de actividades e actuacións musicais.
  • Plan 7: Descubrir a historia e o patrimonio etnográfico da zona, onde destaca a importancia dos moliños de auga na nosa xeografía. Este plan propón rutas de sendeirismo que se poden realizar nos diferentes espazos fluviais do Concello; en “A Laracha Activa” (tamén dispoñible na aplicación wikiloc) podes atopar por exemplo a “Ruta muiñeira a ritmo do río Acheiro” na cal se descubren diversos restos de moliños; pero tamén se ven no paseo do Anllóns e no contorno do Bradoso. Estas rutas poden culminarse coa visita ao Centro de Interpretación dos Molinos de Auga da Costa da Morte, Museo de Golmar, que conta co distintivo de Centro Azul de Educación Ambiental.
Comparte en redes:
Descubre o mellor de A Laracha

Qué facer e qué ver en A Laracha

Romería dos Milagres de Caión

En Caión existe unha fonte cuxas augas se consideran milagrosas. Dice que tanto ao bebelas como ao m...

Festa da Fabada de Paiosaco

A finais de setembro e principios de outubro realízase a colleita das habas, e para conmemoralo e a ...

Fiesta gastronómica de Soandres

Desfrutar dunha boa comida, espazo e actividades para os máis pequenos da casa, sorteos e actuacións...

Paseo Maritimo de Caión

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Praza de Eduardo Vila Fano Longitud: 2 km Duración apro...

Ruta dos menhires.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Kilómetros totais: 43 kilómetros. Accesos en vehículo: Pedra Moura de Alde...

A Laracha: Mirador de Santa Marta

Outro lugar elevado e afastado dos núcleos urbanos para ter unha noite tan só iluminada polas estrel...

Caión (A Laracha)

A praia de Caión é recoñecida pola constancia das súas olas, especialmente na tempada de verán. Dado...

Espacio natural Razo-Baldaio

Descubre el Espacio Natural de Razo-Baldaio: Un santuario de natureza en la Costa da Morte O Espazo...

Conjunto histórico artístico de Caión

Unha das estampas máis atracentes da costa coruñesa, mil veces repetida por fotógrafos e pintores, é...

Paseo fluvial del río Anllóns

O principal obxectivo da construción deste paseo fluvial foi a rexeneración da canle do Río Anllóns ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg