Faro de Laxe

Faros
Laxe

Saber máis sobre Faro de Laxe

Esta construción de 11 metros de altura, está situada na punta Ínsua do cabo Laxe, sobre unha loma duns 50 metros sobre o nivel do mar, que defende a vila e o porto dos ventos dominantes, nun espazo natural privilexiado.

A instalación luminosa actual data do ano 1996 e as súas características correspóndense coas dunha Baliza Xiratoria Acrílica, dotada de lámpadas de incandescencia conectadas á rede eléctrica. A súa aparencia luminosa correspóndese coa de grupo de 5 destellos en 20 segundos.

En augas próximas naufragou a Praia de Arnela en 1972, un barco de Corme que en arribada ao seu porto a mar o arrastrou ata as pedras e rompentes da Punta da Insua, salvándose só dous tripulantes.

O topónimo “A Costa da Morte”, define unha ampla zona de Galicia entre as rías de Muros e Noia e a da Coruña. Este curioso topónimo, segundo algúns estudosos, podería ter sido acuñado polos gregos para definir a rexión onde o Sol desaparecía a diario no mar e se atopase no país dos mortos ata a mañá seguinte.

Ver vídeo de Faro de Laxe

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Laxe

Praia e lagoa de Traba
A Praia de Traba destaca como a máis extensa e agreste de Laxe, con case tres qu...
Conxunto histórico artístico da vila de Laxe
Camiñando polas rúas da vila de Laxe, podemos atoparnos con numerosos edificios ...
Miradoiro del Monte Castelo
Miradoiro de Monte Castelo: Panorámicas impresionantes e natureza viva O Mirado...
Ría de Laxe y Corme y Río Anllóns
A primeira das rías da Costa da Morte vistas de norte a sur é a de Corme e Laxe....
Soesto (Laxe)
A praia de Soesto, situada no pobo de Laxe, é outro potencial enclave do surf qu...
Miradoiro de Monte Branco
Espazo natural protexido, onde as doces augas do río Anllóns e as salgadas do At...
Naufraxio de Laxe
A festa do “Naufraxio” é unha homenaxe da xente de Laxe á Virxe do C...
Praia de Laxe
Explora a Praia de Laxe: Beleza e comodidade na Costa da Morte A Praia de Laxe,...
Faro de Laxe
Esta construción de 11 metros de altura, está situada na punta Ínsua do cabo Lax...
Museo del Mar de Laxe
O Museo do Mar de Laxe foi concibido e financiado dentro do extinto Plan de Dina...