Faro Vilán e Museo do Faro

Faros
Camariñas

Saber máis sobre Faro Vilán e Museo do Faro

Situado estratéxicamente na Costa da Morte, a 5 km de Camariñas, este faro aséntase sobre o Cabo Vilán. O seu uso é de grande importancia para a navegación por esta perigosa custa.

O anterior faro, do que aínda hoxe pódense ver os restos, acendeuse por vez primeira en 1854. Era un faro de cuarto orde, alimentado por aceite e cun alcance de 10 millas, pero non era capaz de salvar a pedra máis elevada do cabo, o que producía unha perigosa zona de escuridade no lugar onde se sitúan uns baixos rochosos. Dinamitouse a pedra e aumentouse a altura da torre, pero non se puido solucionar o problema do ángulo cego. A traxedia do Serpent en 1890 e a doutros barcos naufragados fixeron que as autoridades españolas se percatasen da deficiente iluminación do faro e así, en 1896, inaugurouse o novo faro, o primeiro de España que funcionou con enerxía eléctrica.

O museo, situado no Faro Vilán, divulga información da historia dos naufraxios e dos faros da Costa da Morte a través de proxeccións en vídeo, pezas reais, fotografías e paneis con visores, para rematar cunha simulación dun percorrido polo interior da torre do faro.

Ver vídeo de Faro Vilán e Museo do Faro

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Camariñas

Museo del Alemán
É un orixinal museo ao aire libre creado polo artista alemán Manfred Gnädinger, ...
Miradoiro do Castelo (Camariñas)
Situado xunto ás ruínas do Castelo do Soberano, o Mirador do Castillo de Camariñ...
PR-G 158 Ruta Costa da Morte
Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Ruinas del Castillo do Soberan...
Cabo Vilán / Alto da Vela
O cabo Vilán non só é o punto onde poderás ver o primeiro faro eléctrico de Euro...
Praia de Area Longa en Reira
A Praia de Area Longa (tamén coñecida como Area Grande) de Reira é un dos areais...
Feria medieval “O encaixe no Camiño” en Camariñas
A orixe do encaixe de bolillos é unha incógnita incluso en lugares cunha tradici...
Monte Branco e Praia de Trece
Ao fondo oeste da praia do Trece, ascendendo unha ladeira do Monte Branco, atópa...
O Trece (Camariñas)
Os cantos rodados característicos desta costa dividen esta singular praia virxe ...
Sistema dunar da praia do Trece
Na praia do Trece, sobre unha das ladeiras de Monte Branco, ascende a duna rampl...
Igrexa de San Xurxo de Camariñas
A Igrexa de San Xurxo de Camariñas é unha referencia do barroco galego e unha vi...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.