É un orixinal museo ao aire libre creado polo artista alemán Manfred Gnädinger, coñecido por Man o alemán de Camelle.
Chegou a esta parroquia de Camariñas na década dos 60 do século XX.
En Camelle creou a súa edén de fantasía e soledade, o lugar que lle proporcionou a paz interior que buscaba e onde dar vida á súa obra artística.
A cada visitante do seu museo lle pedía que realizara un debuxo nunha das súas libretitas, era unha forma de relacionarse cos demais xa que para Man en “cada papel está o alma de cada un e mi obxectivo é facer un gran rascacielos con todas elas”.
Neste museo podemos observar os cores vivos e os numerosos círculos que representan o ciclo continúo da vida, repetitivo, do que non se pode fuír.
Pensamentos existencialistas envolveron a vida e obra deste singular personaxe que atopemos, en calquera época do ano, vestido só cun taparrabos.
O naufraxio do prestige tiznou de negro as súas obras, os seus fillos, como el os chamaba.
Non superou este desastre e muriu o día dos inocentes en novembro de 2002.