Search
Close this search box.

Ruta do Corredor Megalítico

Dumbría

Saber máis sobre Ruta do Corredor Megalítico

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

Quilómetros totais: 41 quilómetros.

Accesos en vehículo: Pedra Cuberta, Arca da Piosa (Por pista de Terra), Mina da Parxubeira.

Accesos a pé:

  • Pedra Moura do Monte Cárneo: 200 metros desde a estrada.
  • Pedra da Lebre: 30 metros desde la carretera.
  • Arca do Rabós: 70 metros da estrada.

Esta ruta leva a través dalgúns dos monumentos megalíticos máis importantes de Galicia pola súa monumentalidade e bo estado de conservación.

Comezamos o percorrido pola Pedra Cuberta, na parroquia de Treos en Vimianzo.
Foi estudada polos arqueólogos alemañes Georg e Vera Leisner en 1933 e no seu interior descubriron as primeiras pinturas no interior dun dolme en Galicia e unha das primeiras de toda Europa.

Continuamos pola parroquia de Treos ata a segunda parada, Pedra Moura.
Situada nun coidado contorno de prado, conserva moi ben a mámoa (túmulo de terra) e a súa estrutura megalítica coa cámara e o corredor.
No interior localizáronse pinturas que permitiron datar o dolme no IV milenio a. C.

A poucos quilómetros, moi cerca da estrada localízase o seguinte dolmen, Pedra da Lebre. Aínda que o monumento se aprecia bastante alterado, segue conservando boa parte da súa monumentalidade orixinal. Nel descubríronse evidencias de pintura que unha vez analizadas proporcionaron unha das datacións máis antigas do megalitismo galego, entre 5.300 e 4.700 a. C.

A seguinte etapa levan a través dun camiño forestal ata a Arca da Piosa, no municipio de Zas. Trátase dunha dos dólmenes de maior tamaño de Galicia, laxas de pedra que superan as seis toneladas de peso. Pero tamén é moi coñecida grazas a un poema de Pondal, “Á hora en que doce ou luceiro”, incluído na súa famosa obra “Queixume dos Pinos” (1886), onde fala da Piosa como a tumba do mítico guerreiro Brandomil.

Desde A Piosa, a ruta nos leva de novo ao concello de Vimianzo, concretamente a Baíñas. Moi cerca do núcleo atópase a Arca do Rabós. Este pequeno dolmen, conserva moi ben a súa mámoa (túmulo) e atópase integrado dentro dunha das maiores necrópoles da Costa da Morte, denominada Chan do Rabós e Chan do Cabral.

Non moi lonxe, xusto no límite entre o concello de Vimianzo e o de Dumbría, sitúase outro dos megalitos máis icónicos de Galicia, Pedra da Arca. O dolme está magníficamente conservado coa súa cámara e o seu longo corredor case íntegros. Ademais, no seu interior, existen restos de pinturas prehistóricas e algúns gravados. Entre os motivos destaca unha curiosa figura denominada “The Thing” pola arqueóloga irlandesa Elisabeth Shee. Descoñécese o seu significado, pero algúns autores a interpretan como un hacha ou mesmo un cachalote.

A nosa última etapa nos conduce polas terras do Concello de Mazaricos ata A Mina da Parxubeira. Un dolmen situado nun paraxe idílico, en medio dun fermoso prado. As escavacións realizadas aquí nas décadas dos 70 e 80 proporcionaron extraordinarios resultados como un rico axuar funerario e un conxunto de ídolos antropomorfos colocados de pé diante da entrada ao megalito, protexendo o monumento.

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

PR-G 190 Ruta dos moliños da Ponte do Porto

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: A Ponte do Porto (Camariñas) Lonxitude: 4 km. Duració...

Polos dólmenes de Soneira e Bergantiños

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS da Ruta polos dólmenes de Soneira e Bergantiños: Kilómetros totais: 43 ki...

Ruta dos piñeiros no mar. Malpica

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Capella das Neves ou Santo Antón-Praia As Torradas Long...

Paseo Fluvial de Ponteceso

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Casa natal de Eduardo Pondal Lonxitude: 2,5 km Duraci...

O Monte Pindo. Miradas do Atlántico

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Igrexa do Pindo – A Moa Lonxitude: 4,00 km (ida) ...

Ruta Ponte da Garda a Saimia

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Área recreativa de Garda Lonxitude: 0,8 km Duración apr...

Ruta Vierio Fidalgo. Vimianzo

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Igrexa de San Pedro de Berdoias Longitud: 9 kms...

Ruta Sendas do Mar De Razo a Baldaio

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Razo. Praia de Baldaio Lonxitude: 5,5 km Dura...

PR-G 70 Punta Insua. Laxe

Percorrido: Circular Punto de partida/llegada: Laxe Lonxitude: 4,6 km. Duración aproximada (ida e ...

PR-G 158 Ruta Costa da Morte

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Ruinas del Castillo do Soberano (Camariñas) Lon...