O Monte Pindo. Miradas do Atlántico

Carnota

Saber máis sobre O Monte Pindo. Miradas do Atlántico

  • Percorrido: Lineal
  • Punto de partida/chegada: Igrexa do Pindo – A Moa
  • Lonxitude: 4,00 km (ida)
  • Duración aproximada (ida e volta): 3 horas
  • Dificultade: Media

Outra das alternativas para subir até a cima do Monte Pindo con saída ao nivel do mar xunto a praza da igrexa do Pindo.

Ao pouco de comezar atopamos numerosos muiños de auga e unha cova na que se refuxiaron fuxitivos da Guerra Civil.

A medida que ascendemos pasamos polo Castelo de San Xurxo e continuamos até O Pedrullo, onde aínda se poden observar os restos das murallas que antigamente circundaban a construción primitiva. Despois de percorrer un pequeno treito chegamos ao “Chan de Lourenzo”, un espazo aberto onde se atopa o Xigante do Chan de Lourenzo e o que queda dunha explotación de volframio. Dende este lugar podemos divisar o cume da Moa e continuar ascendendo até a cima. Unha subida dura, pero que merece a pena pola vista da paisaxe que podemos contemplar e a sensación de estar nun lugar máxico.

En esta ruta descubriremos as formas sorprendentes que adoptan as pedras e a potencia de unha paisaxe de gran valor, a pesar dos notables estragos dos incendios. Preto da cume, merece a pena facer un alto na fermosa área de descanso, dotada con mesas de madeira.

Unha ruta perfectamente sinalizada que podemos culminar cun baño na praia de San Pedro, unha vez descendamos até o nivel do mar.

Podemos completar a xornada visitando outro dos maiores atractivos do lugar: A Fervenza do Ézaro, o único río da Europa continental que desemboca no mar cun salto de auga. Este é un lugar moi visitado, sobre todo nos meses de verán, onde podes desfrutar do espectáculo audiovisual da Fervenza do Ézaro. Un espectáculo único, unha combinación máxica de auga, pedra, vexetación, luces, cores e música…

Outro lugar emblemático é o miradoiro de o Ézaro, onde atopamos unhas vistas de infarto que conseguiron moita popularidade nos últimos anos por ser o fin de etapa na Volta Ciclista a España.

Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Ruta das cascadas. Mazaricos

O concello de Mazaricos realiza unha proposta de rutas para coñecer cinco cascadas no contorno das c...

PR-G 190 Ruta dos moliños da Ponte do Porto

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: A Ponte do Porto (Camariñas) Lonxitude: 4 km. Duració...

Ruta Esteiro do Anllóns

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Praia do Curro / Ensenada de Lodeiro Lonxitude: 3.5 km ...

Paseo Fluvial Rio Anllons

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Área recreativa de Gabenlle Lonxitude: 4,3 km ...

Derrubando muros con Pintura. Carballo

Derribando Muros con Pintura é unha iniciativa de arte urbano que está convertendo a Carballo nun au...

Ruta pola Armada

A Ruta pola Armada é unha pequena andaina chea de significado que coincide co tramo de entrada do Ca...

Ruta dos menhires.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Kilómetros totais: 43 kilómetros. Accesos en vehículo: Pedra Moura de Alde...

Ruta Ponte da Garda a Saimia

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Área recreativa de Garda Lonxitude: 0,8 km Duración apr...

Ruta da Insua (RC-1) – Camariñas

Percorrido: circular Punto de partida/chegada: Praia do Ariño (Camariñas) Lonxitude: 3,5 km. Duració...

O Monte Pindo. Follas da historia. Dumbría

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Aldea de Fieiro / A Moa Lonxitude: 4,00 km (ida) Duraci...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.