Search
Close this search box.

Arqueoloxica de Borneiro

Ponteceso

Saber máis sobre Arqueoloxica de Borneiro

  • Percorrido: Circular
  • Punto de partida/chegada: Castro A Cidá de Borneiro
  • Longitud: 10 km
  • Duración aproximada: 4 horas
  • Dificultade: Moderada

Esta ruta comeza no aparcadoiro do castro A Cidá de Borneiro e sube por unha pista forestal cara ao Monte Gontón.
Nos diriximos cara ao Mirador do alto da Fernandiña para o cal enlazamos varias pistas forestais sempre xirando á esquerda.
Desde este mirador natural, podemos desfrutar dunhas das máis irmosas vistas da ensenada dá Insua e do estuario do Anllóns.

Descendemos do miradoiro e pasamos polo lugar coñecido como Castro ou Castelo de Borneiro.
Está constituído polos restos dun castro sen escavar que destaca pola grandeza do seu sistema defensivo.
As lendas contan que no vivían os mouros que se comunicaban cos habitantes da Cidá.

Unha vez no lugar de Borneiro recomendamos tomar o desvío ata a reitoral e igrexa de San Xoán de Borneiro.
Datada entre os s.
XVI e XVIII.
O seu retablo barroco é obra do imaxinario local Juan Martínez e do seu fillo Ignacio, os cales posúen outros retablos e esculturas en varias igrexas do contorno.

Continuamos o descenso para cruzar a estrada AC-431 onde atopamos o sinal da capela do Briño.
As súas orixes remontanse ata o século XVI, aínda que foi moi retocada no XVIII.

A seguinte parada é o centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate.
O Dolme de Dombate, considerado como a catedral do Megalitismo de Galicia, está formado por sete grandes osas verticais e unha cuberta formando unha cámara poligonal de 4 por 2’5 metros.

Unha das características máis importantes deste dolmen son os gravados rupestres policromados que existen na cara interior das losas, diferenciándose varias formas xeométricas con rectas paralelas e oblicuas pintadas en negro e vermello.

Unha vez visitado o dolmen diriximos os nosos pasos ata a última parada deste percorrido: o Castro A Cidá de Borneiro.
Este é un poboado prerromano habitado entre os séculos VI a.C. e I d.C. Es el único recinto castrexo excavado en A Costa da Morte.
Está rodeado por un foxo e dous muros defensivos en todo o seu perímetro, agás na parte Este onde só hai un debido á pendente do terreo e o río que actúan como defensas naturais.
As construcións, con predominio de planta redondeada, son todas de tipo doméstico, salvo as existentes no barrio exterior ou de Extramuros que presentan unha forma ovalada e tiñan unha posible función industrial para almacenamento e fundición de metais.

Despois desta última visita á Cidá podemos acercarnos ata Cabana e completar a xornada percorrendo o paseo polo estuario do Anllóns.
Deste xeito teríamos unha sesión moi completa onde se combinen a historia coa arqueoloxía e o desfrute do medio natural nunha paisaxe de gran valor.

Este itinerario está sinalizado, pero recomendamos usar o GPS debido a que se perderon algunhas indicacións e é fácil saírse do camiño nos numerosos cruces.

Acceso á ruta no noso perfil de wikiloc

Rutas e sendeirismo

Outras rutas na Costa da Morte

Paseo Maritimo de Caión

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Praza de Eduardo Vila Fano Longitud: 2 km Duración apro...

PRG148 Ponteceso

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Casa natal de Eduardo Pondal / Porto de Corme Lonxitude...

PR-G 70 Punta Insua. Laxe

Percorrido: Circular Punto de partida/llegada: Laxe Lonxitude: 4,6 km. Duración aproximada (ida e ...

Ruta da Auga. Zas

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Ponte do Sisto (Zas) Lonxitude: 10 km. Duración aprox...

PR-G 114 Laxe – Traba

Percorrido: Lineal Punto de partida/llegada: Laxe – Mórdomo (Traba) Lonxitude: 8,7 km. Duración apro...

Ruta de Corcubión ao faro de Cee

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Villa de Corcubión Lonxitude: 3,83 km (ida) Duración ap...

Ruta Muxía – Os Muíños

Percorrido: Circular Punto de partida/chegada: Punta da Cruz. Paseo Marítimo de Muxía Lonxitude: 9,...

Derrubando muros con Pintura. Carballo

Derribando Muros con Pintura é unha iniciativa de arte urbano que está convertendo a Carballo nun au...

Polos dólmenes de Soneira e Bergantiños

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS da Ruta polos dólmenes de Soneira e Bergantiños: Kilómetros totais: 43 ki...

Ruta do Corredor Megalítico

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS: Quilómetros totais: 41 quilómetros. Accesos en vehículo: Pedra Cuberta, Ar...