Cabo Fisterra / miradoiro de Mar de fora

Miradoiros
Fisterra

Saber máis sobre Cabo Fisterra / miradoiro de Mar de fora

En Fisterra tes dúas opcións perfectas para observar o ceo. A primeira delas é o cabo Fisterra, a fin do mundo, un promontorio que se interna no mar dende unha altura de máis de 100 metros e no que poderás desfrutar dunha posta de sol de fantasía. O outro punto é o miradoiro de Mar de Fora situado a escasos metros da praia homónima e rodeado de natureza pura, onde poderás observar o ceo nocturno e as súas estrelas mentres escoitas os embates do mar sobre as pedras.

Ambos os puntos teñen unha zona para aparcar nas inmediacións, aínda que requiren de andar uns poucos centos de metros para acadar a meta. No caso do cabo Fisterra só terás que seguir a estrada (con boa sinalización) que se inicia na vila e que conecta co faro. En canto ao miradoiro de Mar de Fora terás que dar as costas a vila de Fisterra a través do Camiño da Ínsua, unha senda peonil que che levará ao teu destino.

Faros, ríos, praias e moito máis na Costa da Morte

Outros lugares de interese en Fisterra

Mar de Fóra (Fisterra)
Unha praia apartada, illada e libre de urbanización. A forza do atlántico batend...
Festa do Longueirón de Fisterra
A praia da Langosteira é unha das máis prolíficas á hora de conseguir o longueir...
Fisterra: Pedras Santas o Marconi
Este punto está situado no segundo lugar máis elevado do municipio de Fisterra: ...
Ruta San Guillerme e Faro de Fisterra
Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Fisterra Longitud: 4.00 km...
Praia de Talón
Escondida entre pinares, próxima ao Camiño de Santiago, atópase esta tranquila e...
Praia do Rostro
Aberta ó Océano Atlántico, conta cun interesante sistema de dunas que se estende...
Praia de Mar de Fóra
Solitaria e recollida, pero mirando ao mar aberto, sendo conxuntamente coa praia...
Faro de Fisterra
Un dos elementos máis emblemáticos e coñecidos. Construído en 1853, é un referen...
Cabo Fisterra / miradoiro de Mar de fora
En Fisterra tes dúas opcións perfectas para observar o ceo. A primeira delas é o...
Praia da Langosteira
Fermoso areal de dous quilómetros de longo que se funde co monte. Esta praia con...
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.