
A Costa da Morte presenta a súa nova campaña: unha aposta pola identidade e a autenticidade do territorio
A Costa da Morte inicia unha nova etapa na súa estratexia de promoción turística coa presentación da campaña “COSTA DA MORTE: DONDE LA TIERRA HABLA Y EL CIELO RESPONDE”, un proxecto que nace co obxectivo de reforzar o posicionamento do destino como un territorio auténtico, con voz propia e cunha identidade claramente diferenciada dentro do mapa turístico galego e estatal.








