Gustaríache comer máis saudable, aproveitar mellor o tempo e darlle máis protagonismo ao peixe e ao marisco na túa cociña? O GALP Costa da Morte organiza en Laxe o obradoiro gratuíto de batch cooking «Cociña para toda a semana con sabor a mar», dentro da iniciativa Pesca Saúde. Unha proposta práctica para aprender a preparar varias comidas dunha vez, planificar os menús e gozar do produto pesqueiro sen complicacións.
Da man do cociñeiro Miguel Mosteiro, de Valeria Freijedo, nutricionista de Arela Saúde, e coa participación da Confraría de Laxe, descubrirás receitas sinxelas con produtos do mar, técnicas para conservar mellor os alimentos na neveira e no conxelador e ideas para reducir o desperdicio alimentario. Todo pensado para levar á casa trucos útiles e conseguir unha alimentación variada mesmo nas semanas con pouco tempo.
O obradoiro celebrarase os luns 19 e 26 de outubro de 2026, de 9:30 a 13:30 horas, na Asociación de Veciñas e Veciños de Serantes, en Trasfontáns s/n, parroquia de Serantes, Laxe (A Coruña).
A actividade é gratuíta, pero as prazas son limitadas. Podes inscribirte en pescasaude.gal ou chamando ao 627 570 949.
As persoas participantes recibirán un receitario, unha guía con consellos e información nutricional, un mandil e unha bolsa da compra elaborada con redes e plásticos reciclados pola Asociación de Redeiras de Cariño en colaboración coa Aula Sostible do Freixo (Outes).
Unha oportunidade para aprender a organizar a cociña semanal, apoiar os produtos do mar e descubrir que comer ben tamén pode ser sinxelo.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Asociación de Veciñas e Veciños de Serantes, Trasfontáns s/n, Serantes, Laxe, A Coruña
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!