O Samaín chega ao CEIP dos Muíños de Muxía con dúas tardes para poñer a imaxinación a traballar. A ANPA O Facho organiza un obradoiro infantil no que os nenos e nenas poderán preparar sobremesas terroríficas e deixar voar a creatividade con divertidas manualidades.
A actividade celebrarase os días 26 e 27 de outubro de 2026, con grupos repartidos por cursos:
Os dous días o horario será de 16:30 a 18:00 h no CEIP dos Muíños, en Muxía.
A participación custa 5 € por neno ou nena de familias socias da ANPA e 6 € para non socias. As inscricións poden facerse nos teléfonos 654 43 28 22, 680 10 07 35, 661 28 15 08 ou 658 57 47 76.
Recoméndase traer un táper co nome para gardar e levar á casa as sobremesas elaboradas no obradoiro.
Pantasmas, cabazas, receitas de medo e creacións feitas coas propias mans: unha maneira ben divertida de celebrar o Samaín entre compañeiros e compañeiras!
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
CEIP dos Muíños, Os Muíños, Moraime, Muxía
Se desexas que teu evento salga publicado nesta web, envíanos un WhatsApp co cartel do teu evento.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!