O Concello de Fisterra presenta unha programación especial para celebrar as Letras Galegas 2026 en Fisterra, unha cita coa lingua, coa cultura e coa memoria colectiva baixo o lema “Fisterra, onde a palabra das mulleres non se apaga”. Nesta edición, a homenaxe a Begoña Caamaño convértese no fío condutor dunha proposta que une música tradicional, participación popular, relato oral, teatro e actividades educativas.
A programación abrirase o sábado 16 de maio cun concerto de música tradicional galega con Cristian Leggiero & Patty Lesta, ás 12:30 horas na Praza da Constitución de Fisterra. O domingo 17 de maio, día grande das Letras Galegas, o Porto de Fisterra acollerá ás 13:00 horas a Foliada das Letras, organizada pola Asociación Trubisquiña, unha celebración aberta á veciñanza e visitantes para cantar, tocar, bailar e compartir a forza viva da cultura popular galega.
Esta celebración das Letras Galegas 2026 en Fisterra quere facer da vila un lugar de encontro, memoria e festa, onde o galego se escoite nas voces da súa xente, no son das pandeiretas e na emoción compartida arredor da cultura. Porque a lingua vive cando se comparte, Fisterra convida a participar nunha programación que celebra o orgullo de sermos parte dunha tradición que segue medrando xeración tras xeración.
Data de inicio
Data de fin
Lugar de celebración
Fisterra
Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.
Cultura, deportes, festas…
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Fecha de inicio
Lugar
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!