2026
9
Maio

Semana das Letras Galegas 2026 en Muxía

Cultura
Muxía

Saber máis sobre Semana das Letras Galegas 2026 en Muxía

A Semana das Letras Galegas 2026 en Muxía chega cunha programación completa arredor dunha das datas máis especiais da cultura galega. Este ano, o Día das Letras Galegas recoñece o labor da xornalista e escritora Begoña Caamaño, unha autora que deixou unha fonda pegada na literatura galega e que destacou tamén polo seu compromiso social, especialmente na defensa dos dereitos das mulleres.

As actividades comezarán o 9 de maio ás 19:00 horas na praza Cabo da Vila, cunha homenaxe ao acordeonista Pazos de Merexo no centenario do seu nacemento e co concerto de Acordeireta. A programación continuará o 15 de maio ás 20:00 horas no Salón do Voluntariado co concerto da Coral Virxe da Barca, nunha cita musical moi especial para seguir celebrando a lingua, a memoria e a identidade cultural de Muxía.

O 16 de maio ás 12:00 horas celebrarase na praza Cabo da Vila o Gran Xogo das Letras Galegas, unha proposta participativa por equipos para coñecer mellor a orixe e o significado desta celebración, así como datos e curiosidades sobre os autores e autoras homenaxeados. As inscricións poden realizarse na Biblioteca. Esa mesma noite, ás 20:00 horas, o grupo Abril presentará na praza Cabo da Vila o seu álbum “Medrar”. O programa rematará o 17 de maio ás 12:00 horas cunha homenaxe e ofrenda ao poeta muxián Gonzalo López Abente, a quen lle foi dedicado o Día das Letras Galegas no ano 1971. En caso de choiva, as actividades previstas no Cabo da Vila trasladaranse ao Salón do Voluntariado, e o Gran Xogo das Letras Galegas á Sala Gervasio Sar.

Letras Galegas en Muxía

Máis detalles sobre Semana das Letras Galegas 2026 en Muxía

Data de inicio

Sábado, 9 de Maio de 2026

Data de fin

Domingo, 17 de Maio de 2026

Lugar de celebración

Muxía

Se desexas que o teu evento salga publicado neste web envíanos un email a
comunicacion@visitacostadamorte.com cos datos completos.

Cultura, deportes, festas…

Próximos eventos na Costa da Morte

Ximnasia rítmica e estética en Muxía

O Concello de Muxía continúa apostando polo deporte, a cultura e o talento da mocidade coa actividad...

Fecha de inicio

Mércores, 10 de Xuño de 2026

Lugar

Pavillón Municipal de Muxía

Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte

O Foro da Avaliación Intermedia da Estratexia do GALP Costa da Morte celebrarase o xoves 11 de xuño ...

Fecha de inicio

Xoves, 11 de Xuño de 2026

Lugar

Centro de Artesanía e Tradición de Buño

Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría

A Xornada sobre o eclipse solar 2026 en Dumbría celebrarase o xoves 11 de xuño ás 19:30 horas no Edi...

Fecha de inicio

Xoves, 11 de Xuño de 2026

Lugar

Ctra. General, 69 - Ézaro - 15297 - Dumbría (A Coruña)

Cea da Fame de Cáritas en Vimianzo

A Cea da Fame de Cáritas en Vimianzo celebrarase o 12 de xuño de 2026 ás 21:00 horas no Centro Comer...

Fecha de inicio

Venres, 12 de Xuño de 2026

Lugar

Centro Comercial Fonte dos Cabalos

Obradoiro Consellos para a horta en Zas

O Obradoiro Consellos para a horta en Zas chega ao Centro Sociocultural de Zas o venres 12 de xuño á...

Fecha de inicio

Venres, 12 de Xuño de 2026

Lugar

Centro Sociocultural de Zas

6ª Carreira Popular Faro Roncudo

A 6ª Carreira Popular Faro Roncudo celebrarase o 13 de xuño de 2026 en Corme, cun percorrido que une...

Fecha de inicio

Sábado, 13 de Xuño de 2026

Lugar

Corme Porto

Festa de San Antonio 2026 en Carnés

A Festa de San Antonio 2026 en Carnés celebrarase o 13 de xuño nesta parroquia do Concello de Vimian...

Fecha de inicio

Sábado, 13 de Xuño de 2026

Lugar

Carnés - Vimianzo

Malpica nun mar de letras 2026

O Concello de Malpica, xunto coas asociacións locais, súmase á celebración das Letras Galegas cun pr...

Fecha de inicio

Xoves, 23 de Abril de 2026

Lugar

Malpica de Begantiños

Concerto de Tandub no Camping Lago-Mar

O Concerto de Tandub no Camping Lago-Mar celebrarase o sábado 13 de xuño ás 19:30 horas, dentro da p...

Fecha de inicio

Sábado, 13 de Xuño de 2026

Lugar

Camping Lago-Mar
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg