Os faros máis emblemáticos da Costa da Morte

Descubre os faros máis emblemáticos da Costa da Morte, desde as Illas Sisargas ata Lariño: historia, paisaxes, sinais marítimos e lugares imprescindibles do litoral galego.
Faro de Cabo Vilán

Queres saber cales son os faros máis emblemáticos da Costa da Morte? Pois imos ser sinceros dende o principio do artigo: todos o son.

Así que imos a facer un percorrido por todos os faros deste territorio, destacando por diferentes motivos, aínda que todos con unha importancia capital.

Visitarémolos todos, do norte ao sur, polos faros do litoral da Costa da Morte. Case todos estes faros están unidos polo Camiño dos Faros, a excepción dos insulares e dous que se atopan máis ao sur.

Imos descubrir un por un estes salvavidas de luz, que evitan tantas tragedias no océano e inspiran a aqueles que temos o privilexio de velos dende terra.

Posta De Sol En Faro De Fisterra

Cantos faros son y para que serven

Os faros e as balizas da Costa da Morte emiten luces que cada noite iluminan os puntos chave para evitar traxedias no mar e que tamén lle dan un pouco máis de maxia á terra.

Cada un dos faros emite unha sinal luminosa única. Ningunha é igual na mesma liña de costa. Por que? Porque así permite aos navegantes saber no que lugar exacto se atópan.

Grazas aos avances tecnolóxicos, os faros son moito menos importantes que antigamente. Non obstante, seguen sendo indispensables cando a tecnoloxía falla.

Faros da Costa da Morte

Este percorrido reúne os principais faros e sinais marítimos da Costa da Morte en doce apartados, desde as Illas Sisargas ata Lariño. Algúns son pequenas balizas e outros grandes torres, e dous están nas illas.

Faro das Illas Sisargas

É un dos menos visitados por motivos obvios: está nunha illa. De todos os xeitos, pode ser visitado se collemos un bote en Malpica, concello ao que pertencen as Illas Sisargas.

Faro de Punta Nariga

Tamén está situado no Concello de Malpica de Bergantiños. É un dos faros máis modernos de Galicia, construído en 1995. A torre mide 28 metros e a súa luz elévase uns 50 metros sobre o nivel do mar. O seu deseño lembra a proa dun barco. O contorno de Punta Nariga é idílico.

Faro Y Piedras De Punta Nariga En Malpica 1

Faro do Roncudo

A dous quilómetros da aldea de Corme, Concello de Ponteceso, atoparemos o seguinte faro: o Faro do Roncudo. Debe o seu nome ao ronco estrondo do mar. A zona é espectacular, cunha posta de sol preciosa e unha fama especial polos seus percebes. En Corme celébrase a súa festa gastronómica unha vez ao ano, da que falamos neste outro artigo.

O faro, que funciona dende 1920, é pequeno e ten un xemelgo ao outro lado da ría.

Faro de Laxe

Xusto ao outro lado da ría, podemos ver o Faro de Laxe, o seu xemelgo. Tamén se atopa nun espazo natural privilexiado, coma todos os faros que forman esta lista.

Nesta zona tamén hai un merendeiro e unha escultura: A Espera. Esta obra representa a unha muller cun neno pequeno nos brazos mirando ao horizonte. Como esperando un barco que non vai volver. “A Espera” conta a historia de moitas mulleres na zona e é un homenaxe a todos os falecidos no mar.

Memoria A Espera En Laxe

Faro Vilán

No Concello de Camariñas, atoparás o Faro Vilán, un dos máis icónicos da Costa da Morte. É unha das zonas máis perigosas da Costa da Morte e onde tiveron lugar algúns dos peores naufragios. Foi o primeiro faro de España en funcionar con electricidade. Xan Fernández Carrera conta a súa historia.

Actualmente, pódese visitar o seu museo. Nel difúndese a historia dos naufragios e dos faros da Costa da Morte. Tamén hai unha sala dedicada a exposicións temporais. A entrada é gratuita.

Faro da Punta do Lago

Este é un faro pequeniño (de menor orde para o tráfico mariño) que se atopa dentro da ría de Camariñas e Muxía. Na plena desembocadura do río Grande. Está nunha praia moi bonita con vistas aos dous pobos antes mencionados. Merece a pena unha visita.

Faro da Punta da Barca (Muxía)

O Faro de Muxía non destaca pola súa beleza obxectiva, pero si pola da súa contorna. Tanto o salvaxe de Punta da Barca como o Santuario da Virxe da Barca que ten ao lado fan que a visita ao Faro mereza moito a pena. Sen esquecer as vistas. Impresionantes, como a cada paso.

Faro de Cabo Touriñán

Seguimos no Concello de Muxía e imos co seu terceiro faro: o Faro de Cabo Touriñán. Este é o punto máis occidental de España. Duas veces ao ano, pódese presenciar aquí o último atardecer de Europa continental. Maxia en cada solpor na Costa da Morte. Le tamén o artigo de Xan Fernández Carrera sobre Touriñán.

Faros de la Costa da Morte: Faro de cabo Touriñán en la Costa da Morte

Faro de Fisterra

A fin do mundo. Probablemente, un dos faros máis icónicos e máis visitados. Non só da Costa da Morte. Este é o fin do Camiño de Santiago. O fin do mundo. O fin de todo. Moitas son as lendas que precederon a este lugar e, certo é, que cando o visitas non che deixa indiferente.

Unha sirena e outro edificio para emitir sinais para a mariña de guerra completaban o conxunto arquitectónico. Actualmente, este último edificio é o Semáforo, para turismo rural. Si, podes durmir neste faro tan especial. E non é o único!

Solpor No Faro De Fisterra 00013

Faro de Corcubión (Cabo Cee)

Entrando na ría, no Concello de Corcubión, atoparás o Faro Cee, que data de 1860. Trátase dunha casita cun tellado a catro augas. A súa luz non só sinala os perigos da terra, senón tamén os que hai no medio da ría, que agora teñen as súas propias luces.

Faro das Illas Lobeiras e Carrumeiro

Outros dos faros menos visitados son os das Illas Lobeiras e o Carrumeiro, que precisa de barco para poder ser visto de cerca.

Son luces moi necesarias, xa que moitos foron os barcos que historicamente entraron na ría de Corcubión, sentindo que o perigo quedaba no mar aberto. Pero nada máis lonxe da realidade, porque a ría alberga perigos secretos en forma de pedras.

Na Illa da Lobeira Grande, construíuse un edificio cun faro, que depende do de Fisterra.

E nunha rocha non lonxe das Illas Lobeiras, construíuse o Carrumeiro Chico. Este non leva o título de faro, senón de baliza.

Faro Islas Lobeira

Faro de Lariño

Continuando cara ao sur, chegamos ao último faro do territorio: o Faro de Lariño. Este é o outro faro no que poderás aloxarte, xa que actualmente é un hotel.

Percorrer os faros a pé

O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo que cubre 200 quilómetros de litoral. Nel, poderás visitar ao longo de varias etapas moitos dos faros recollidos neste artigo.

Xa estiveches nalgún destes faros? Tes pensado descubrilos na túa próxima visita á Costa da Morte? Se o fas, etiquétanos nas túas fotos de Instagram na conta @visitacostadamorte Aquí te esperamos!

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

SOANDRES, ANTIGO MOSTEIRO NA RIBEIRA ALTA DO ANLLÓNS

Nas terras altas do Anllóns na aba norte do Coto de Pedrouzo, sitúase Soandres, unha extensa parroquia do concello da La...

BRANDOMIL, A MAIOR PRESENCIA ROMANA EN A COSTA DA MORTE

Tense afirmado que nas terras máis occidentais de Galicia, como son as da Costa da Morte, o grao de romanización foi moi...

VAL DO RÍO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE

O val do río Beba sitúase entre os montes da Ruña e unha pequena lomba que o separa do val de Mazaricos. Representa unha...

TORRES DO ALLO, UN DOS PRIMEIROS PAZOS DE GALICIA

Moi preto da vila de Baio, no km 55 da estrada C-552 da Coruña a Fisterra, sitúase o pazo das Torres do Allo, unha das m...

BUÑO, VILA ONDE O BARRO SE TRANSFORMA EN ARTE

A vila de Buño é coñecida en toda Galicia pola súa tradición oleira. A práctica desta actividade por parte dos buñeses p...

PENEDOS DE PASARELA E TRABA, MUSEO NATURAL SEN TEITO

Para comprender a importancia e o valor dos Penedos de Pasarela e Traba necesitamos coñecer como se formou este conxunto...

Museos para visitar na Costa da Morte: 11 plans cultura...

Falar da Costa da Morte é pensar en faros, praias salvaxes, cantís, gastronomía atlántica e vilas cunha personalidade ún...

LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA

Entre o extremo sur da praia de Nemiña e a punta Mellón, ábrese paso ao océano a pequena ría de Lires, que máis que ría,...

DOLMEN DE DOMBATE, CATEDRAL DO MEGALITISMO GALEGO

A cultura megalítica representa un dos maiores símbolos de identidade da Costa da Morte. Ao longo do seu territorio hai ...

Puntos de información turística na Costa da Morte 2025:...

¿Preparando as túas vacacións na Costa da Morte? Coa Guía 2025 de Puntos de información turística na Costa da Morte, ter...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Xoves
    22
    Outubro

    O Mago Paco en Cee con...

    O programa escolar da XIII edición de O Mes da Fundación 2026 recibe a...

  • Xoves
    22
    Outubro

    Presentación de A músi...

    A música, o teatro e a memoria galega danse a man en Carballo con dúas...

  • Xoves
    22
    Outubro

    A arte da guerra | Fio...

    A arte da guerra, de Mofa e Befa (Galicia), chega ao FIOT 2026 cunha f...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.