Search
Close this search box.

Concello de Fisterra

Descubre o concello de Fisterra na Costa da Morte
Fisterra, Costa da Morte

Descobre Fisterra

Fisterra é historia, leiendas, patrimonio, natureza e camiño. O Faro de Fisterra é o punto de interese máis destacado da vila. O Cabo do Fin do Mundo, “Finis Terrae”, foi un lugar de culto ao sol, e é un sitio destacado para recoller a posta de sol. Tamén se poden visitar as ruínas de San Guillermo e as Pedras Santas no alto do monte Facho, onde se sitúa o faro, un lugar cheo de leiendas.

O Castillo de San Carlos, patrimonio vivo do municipio, alberga no seu interior un Museo da Pesca con visitas guiadas para comprender e aprender sobre a importancia da pesca galega ao longo da historia.

A Igrexa de Santa María das Arenas, de estilo románico do século XII, destaca no seu interior polas imaxes do Santo Cristo de Fisterra, a Virxe do Carme e A nosa Señora das Arenas. A igrexa conta cunha Porta Santa, que permite a entrada ao templo durante os actos do Ano Santo.

As praias salvaxes de Mar de Fora, O Rostro e Arnela amosan os acantilados e a bravura desta zona.

Fisterra é un lugar de peregrinación dende o século XII. A vinculación de Fisterra co Camiño aparece mencionada no Códice Calixtino, texto esencial das peregrinacións medievais. Cada ano, máis peregrinos acércanse á nosa terra, o final da súa peregrinación, onde se lles entrega a certificación oficial de Fin do Camiño chamada “Fisterrana”.

+ Info de Fisterra

Info turística Fisterra

Oficina Municipal Turismo Fisterra

Aberto todos os días do ano

Praza Constitución Nº31 – Fisterra

Redes de Fisterra

¿Donde está Fisterra?

Fotos de Fisterra

Plans para facer en Fisterra

  • Plan 1: Atardecer no Faro de Fisterra
    O atardecer no Fin do Mundo é unha actividade imprescindible na visita a Fisterra. Durante miles de anos pensouse que cada noite o sol se apagaba nas augas destas terras e que máis alá de Fisterra só existía unha rexión escura e descoñecida.
  • Plan 2: Gastronomía de Fisterra: El Longueirón
    Goza da mellor gastronomía probando o longueirón, un produto típico desta vila mariñeira, de gran calidade e moi abundante.
  • Plan 3: Semana Santa de Fisterra – Festa de Interese Turístico
    A Semana Santa en Fisterra atrae a miles de peregrinos. Durante as festas do Santo Cristo realízanse escenificacións da Pasión de Cristo. O Domingo de Resurrección ten lugar a tradicional danza dos palos, unha interesante manifestación artística de orixe no século XVII.
  • Plan 4: Visita ao Castillo de San Carlos, museo da pesca con visita guiada
    É importante destacar que todo o material divulgativo que posúe o museo foi doado polo pobo de Fisterra. A visita guiada, relacionada coa pesca, ten unha duración de 20 minutos.
  • Plan 5: Lonxa turística
    Asiste á poxa de peixe e marisco de maneira tradicional. De luns a venres ás 16:30 h. É a única lonxa turística da zona.
  • Plan 6: Visita a Igrexa de Santa María das Arenas
    Igrexa románica do século XII, vinculada ao Camiño de Santiago. Misa do peregrino todos os días ás 18:00 h.

Vídeo promocional de Fisterra

Fisterra 1506946705
Reproducir vídeo
Comparte en redes:
Descubre o mellor de Fisterra

Qué facer e qué ver en Fisterra

Festas do Santo Cristo de Fisterra

Conta a leira que un barco fronte ás custas de Fisterra non lograba avanzar ata que lanzou unha caix...

Festa do Longueirón de Fisterra

A praia da Langosteira é unha das máis prolíficas á hora de conseguir o longueirón (navalla). Por is...

Cabo Fisterra / miradoiro de Mar de fora

En Fisterra ten dúas opcións perfectas para recoller o ceo. A primeira delas é o cabo Fisterra, o fi...

Ruta San Guillerme e Faro de Fisterra

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Fisterra Longitud: 4.00 km (ida) Duración apro...

Fisterra: Pedras Santas o Marconi

Este punto está situado no segundo lugar máis elevado do municipio de Fisterra: o Monte Facho. Accéd...

O Rostro (Fisterra)

Aberta ao océano e co vento batendo constantemente, atopamos en Fisterra a praia do Rostro, un conxu...

Mar de Fóra (Fisterra)

Unha praia apartada, illada e libre de urbanización. A forza do atlántico batendo na súa custa, e o ...

Praia de Estorde

Descubre la Playa de Estorde: Natureza y comodidad en la Costa da Morte Situada na estrada cara a F...

Lonxa turística de Fisterra

Deseñada polos arquitectos Creus e Carrasco, e inaugurada en 2008, é un exemplo de convivencia entre...

Faro de Fisterra

Un dos elementos máis emblemáticos e coñecidos. Construído en 1853, é un referente mundial para a na...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg